Arquivo por etiquetas: teorías que só son teorías

Ás veces pregúntome se non é suficiente que chova, ter unha árbore xigante á que abrazar, ver infinitas estrelas  e sentir que estás máis preto do ceo.

Se hai algo máis importante que o cheiro a nada e a todo, poder engulir todo o aire do mundo sen medo á indixestión.

Que un día gris sirva para resaltar o verde, o amarelo, o laranxa, o vermello… As bágoas de meruxa que o gris non permite que sequen en todo o día.

Que poidan existir tantas cousas que nos distraian disto. Que haxa mil entretementos xustificados polo de conseguir unha vida mellor que ó final o único que fan é afastarnos da mellor vida.

Reflexións ó abrigo da choiva que por fin cae en Barcelona, onde os días grises son moi grises pero dan pé a limpos días amarelo-laranxas. Un pouco mediterránea tamén son, ¿ou?

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Caracol col

O caracol maréase sempre que, para que non o queime a luz do sol, se agocha na súa cuncha tanto tempo que tódolos efectos atmosféricos e patadas escollen antes que él.

¡pois que chova!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Cousas importantes

Como a importancia de que alguén traia unha cesta con figos, noces e uvas da casa á oficina.

Hoxe aprendín que o máis pequeno detalle, polo que sexa, é quen de vencer a máis grande das adversidades.


2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Ou non

Todo está cheo de contradiccións.

Querer  vai acompañado dun pouquiño de odio, e o odio ten detrás un alguiño de amor.

Nada é absoluto, completo e puro. Por iso todo é posible.

Ying-Yang

Plis Plas

Rir despois de chorar e chorar despois de rir, sen remordementos. Pensar mal e, ó momento, pensar ben. Comprender, aínda sen chegar a entender.

As sucesións de sentimentos contradictorios, a compaixón, os abrazos que seguen a tortazos (imaxe estereotipada ata a saciedade  pero certa)…

Síntome cómoda no relativismo (se así como se chama).

😉

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Medidas a longo prazo

.

Rascar as feridas

para que non curen nunca.

Ou rascar as feridas para recordalas e non volver a repetilas.

.

Deixar que se oxide o sorriso,

e que, cando queiramos rir ou deixar de rir, rechine cun ruído terrible cada músculo do corpo.

Ou crear un sorriso eterno, sempre alerta para espantar a tristura.

.

Pechar os ollos

ata que a realidade se volva tan grande que sexa imposible ignorala.

Ou pechar os ollos ata empezar a ver por outros lugares.

.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

65bbb20eb3a106479269ffe28ed8533910d0a26a

querer como acción

ou querer como reacción.

5 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Ninguén mo dixo

Ninguén me avisou de que facer o que unha quere é tan complicado. Ninguén me advertiu dos mil “deberías”, “o seu é” ou “qué pensarán” que interfiren nunha decisión aparentemente simple. Que existan tan poucos actos nos que a búsqueda do recoñecemento dos demáis non forme parte do motor. Só queremos que nos queiran e, sobre todo, que quen nos quere non nos deixe de querer. E dentro de “ser un mesmo” interfire un demasiado “quén quero ser”.

De súpeto, seguir os propios desexos convírtese nun acto egoísta. De súpeto, quen o consigue é reprobado.

¿Envexa por ter a valentía e a bravura de adoptar un comportamento radicalmente antisocial? ¿É o ser social unha mentira?

Eu digo máis tripas e menos cerebro. Digo, non fago.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Deberiamos ser impredecibles

Deberían escasear as mudas limpas, deberiamos deixar que o sol nos queimase, aínda que só fose de vez en cando, quedar durmidos e levantarnos co tempo xusto para poñer calquera cousa e comer algo polo camiño, arriscarnos a equivocarnos unha e outra vez, mollarnos, e cabrearnos a risco de recibir una patada no cú.

E, se hai algo ó que porlle solución, solucinalo xa, un mesmo.  Deixar de pensar que un “bos días, princesa” é o antídoto a todo problema de escasez de amor propio ou carácter obsesivo-complusivo que se instale nun. Intentar ver o proceso de empeoramento de raíz, para poder transfomalo en melloramento canto antes.

Que non chegue o día no que nos preocupe máis non pisar as liñas que separan as baldosas que a xente que pasa ó noso carón, no que esquezamos explorar nos ollos, no que sexamos personaxes de carácter automático de mentira.

Non esquecer quen somos para centrarnos no que queremos ser. Non querer ter todo tan controlado que se nos vaia das mans.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

porque si

existe esa época na que non tés un xeito de andar, na que andar é achegarse a un obxectivo, ata que, de repente, esqueces o obxectivo, porque xorde algo no camiño ou porque si.

e, se caes de cú, rebotas no pañal.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

As cousas que, aínda por riba de non ser, pretenden selo, ven alexarse a posibilidade de chegar a ser a una distancia enorme multiplicada por una velocidade incrible.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized