Vai frío. Non chouveu, mais a roupa que tendín onte está aínda máis mollada. A roupa pesa, mais non abriga. Non vin o sol. Non hai leite. O metro tamén está frío, hora punta e sobran asientos. A rapaza que reparte os xornais acumula unha boa morea. Os coches cargados de miradas perdidas pasan, máis a modo do normal, deixando un vento xélido ó seu paso.
Arquivo por etiquetas: morriñadas; palabras
Arquivado en Uncategorized