Arquivo por etiquetas: filmaxinacións

ou

darlle bicos ó aire,

deixar pasar aínda que non veña ninguén,

pedir perdón sen motivo,

ordenar o último caixón do armario do faiado,

escribir cartas de sinceramento e non envialas nunca,

acurrucarme conmigo.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Faime caso

Conta ata 10:

non berres,

ri en baixiño.

Tes que previr.

Non tires pedras,

resolve problemas matemáticos,

non corras polos pasillos

e come froita.

Non xogues co lume (nin coa auga):

aprende a calar

e a desconfiar,

e a esquecer todo isto,

dígocho eu.

4 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Sentada na póla dunha maceira

e o despois quere invadir o agora, coma ese timbrazo que interrumpe os soños cando todo cobra sentido e está a comezar o mellor.


Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

A teoría dos momentos dí que a felicidade, lonxe de estar relacionada coa etenidade, está composta de momentos. Non podemos falar de felicidade senón falamos de momentos. E só despois de aceptar a fugacidade dos momentos felices poderemos empezar a falar da frecuencia.


Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Comer mandarinas da república sentada no metro de Barcelona

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

¿Alixeiramento de equipaxe?

Levaba tanto tempo á espera dun sinal que non me decatara.

Quizais o sinal é pórlle fin a un ciclo que tivo os seus bos momentos pero que agora só actúa de raíz para que medre a duda.

Igual é o momento de comezar algo novo, atreverse a arrancar as raíces e cambialas por berros.

Un cambio, un novo camiño, unha nova definición. Un nacemento.

Algo ten que morrer para deixar sitio ó novo.

Fai tanto tempo que non berro…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

conxuro

os lugares conxuro son almacéns de soños, refuxios máxicos contra a tristura con infinitos horizontes para medrar e voar. os seus habitantes son as persoas conxuro. lonxe de empuxarte, róubanche a tristeza sen que te decates, e fante encoller só para que sintas o moitísimo que tes por diante. non é tan extraño unir a loucura coa perfección. non precisamos comprender o incomprensible, aceptámolo e punto.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Se ten que chegar que te atope durmida, que te vaia consumindo pouco a pouco, sen darche tempo a apreciala nin a facer inútiles intentos de pórlle remedio. Que, para cando chegue, a poidas mirar directamente ós ollos, como só miras a quen entrou dentro de ti. Que ninguén che diga o que é, ti tamén sabes definila.

Para ben ou para mal, todo é relativo.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Resignación

Eu non penso facer nada, resignareime, ¿ou pensas que non sei facelo?.

Agora, non me digas nada se a miña sombra me perde o respeto e unha noite de tronos te asalta na cama e envolve o teu pescozo coma unha culebra de fume e comeza a apretar e apretar.

Entón, cando despertes sobresaltado, sen deixar que asfixies, introdúcese polos poros da túa pel e asolágache o corazón, coma ese frío húmido que tan ben coñecemos. Non cho partiría, só deixaría unha fendiña, pouco máis profunda que un deses cortes que fai o papel.

Despois iríase. Sen máis.

A fin de contas, só é unha sombra.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

A nena

A nena quere medrar para ser máis grande que o seu medo e así poder derrotalo.

Pronto descobre que  o medo medra proporcionalmente ás nenas; por moi grande que sexa, o medo será máis grande ca ela.

A nena segue medrando, sabendo que sempre o fará á sombra dun medo máis grande.

Por iso, cando medra, a nena faise máis e máis valente.

Xa botaba de menos isto.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Diálogo de xoubas

– Hai que moverse.

– Si, un non pode quedar sempre no mesmo sitio, é aburrido.

– E triste.

– Moi triste.

-O caso é a onde ir.

-Mentres sexa cara adiante…

– Si, total dá o mesmo traballo.

– Home, igual si que dá algo máis. Pero paga a pena.

– Volver tamén está ben se realmente vale a pena. Pero non por medo ou comodidade.

– Se un quere algo ten que buscalo.

– E moitas veces tamén está diante do nariz.

– Claro.

– Entón, ¿qué facemos?

021006_sardinas

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

¿e que hai do que non se di? ¿que pasa se a maioría de cousas non se din? ¿dise todo pero non se capta toda a mensaxe? ¿lanzamos mensaxes que queren dicir outra cousa? ¿dinse a maioría de cousas pero non o máis importante? ¿e se xusto un escolle para dicir o equivocado? ¿que che dá medo? ¿temes o que che digo ou o que non che digo? ¿e si calo? ¿e si falas? ¿que por onde empezas?

Non sei.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Son un bichoco que vive nas ranuras que deixan as madeiras que van quedando floxas por vellas, son un raíño de sol que entra por non sei onde non sei cando, son a area que traes nos pés sen querer naquel paseo olvidado pola praia…

e por iso ríome de ti que precisas buscar piso,

hehehe!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

o que pasa

Ás veces chafo un momentazo intentando contalo con palabras e outras engrandezo máis e máis un momentiño maquillándoo con palabras.

Ás veces prefiro non falar para que sexa só o que é e nada nin ninguén, nin eu mesma, lle demos forma con algo tan alleo coma a linguaxe.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

turtle9É curioso en qué pouco tempo as cousas se adaptan ó seu sitio. O armario baleiro, o oco das caixiñas de cartón…Ando de traslado, e non sabía eu que o ridículo período temporal dun ano puidese chegar a ser tan pesado. Carreto en maletas a reventar, en bolsas da basura, no que podo, coma se os bultos formaran parte de min mesma. E só son bultos, cousas, desperdicios.

Gústanme os cambios, pero a vértixe…

Teño ganas de escribir e non atopo o momento.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Con este doce e  máxico LICORCA!, 

invoco ó Gris negativo e escuro, 

ós vergoñentos segredos. 

Tamén vos chamo a vós, 

malos pensamentos e

malintencionados tons de voz; 

e ás desilusións que forman nubes negras,

ós bichocos que fan ruído ó pisalos, 

ás mordazas,

ás dores buscadas e

ós berros do pasado;

neste Agosto soleado

ídevos, apodrecede, 

desintegrádevos e caducade,

tirádevos ó chan ata que non poidades movervos,

pero, sobre todo, NON VOLVADES. 

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

É verán

Reunimos as provisións de risas, pelis, contos, paseos, raios de sol e auguiña mediterránea. Para que estén noviños e amoreados cando abramos a caixa morriñenta. Disfrutamos hoxe porque non sabemos o que vai pasar , e porque, ó final, o importante é non esquecer que “hoxe” nunca se repite.

E nada, que Agosto entra paseniño (eu diría que estamos en Xuño) envolvéndome con palabras alleas e dándome ganas de máis e máis, para perderme para sempre dentro delas

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Un día en Lilliput

Máis pequeniña pero non invisible, máis real, máis cercana, máis auténtica. Descobres as cousas que dabas por descubertas, e reinventas, sentes, sen necesidade de tocar. E voas. E imaxinas. E borras os límites. Encolles e podes escoller outro camiño para facerte maior. Ou quedar onde estás. Porque, se estás ben nun sitio…

Ser pequeniña para saír a dar unha volta polo teu corpo, e non perder un detalle. Conquistar cada montaña, lanzarse nas curvas e esvarar polas rectas. E, se tal, quedar a durmir. E, de día, agocharme no teu peto, moi quieta e caladiña, concentrándome no teu latir.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

As cousas pasan dándome toqueciños no nariz, sen darme tempo a cheiralas, apalpalas, analizalas… O tempo só existe cando apago o despertador cada mañá ou cando me sinto irresponsable intentando esquecer esa incómoda sensación de que esquezo algo.

Total, ¿para qué o quero? ¿para gardalo nunha caixiña? Vaise igual, incluso cando escapa entre os meus dedos ou se desliza debaixo da porta. Non é mellor nin peor.

Gústame non saber cómo vai ser o resto do día, gústame non saber qué hai debaixo da miña cama e perder o tren cando teño un libro nas mans…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Se vas ó San Benitiño

14373657A secuencia é ben clara e repetitiva, ás veces pregúntome se responden a algún tipo de código fogueteiro: catro fortes para avisar de que comezan, despois os que soan un pouco máis débiles pero non o son, que dan menos susto porque te acostumas a eles, e, para rematar, outra vez as catro tracas que debían estar prohibidas. 

Aí saen o San Benitiño e a Virxe dos Milagros cheos de cartos, debe andar a vida cara alá polo ceo, con razón a expresión de que todo está “polas nubes!!” Roupa nova, rosquillas, nenos que medran, conversas apuradas, “podéis ir en paz”, “demos gracias al señor”

E o pulpo, qué bo está, aínda que o viño non dea para moito… Só dous cachiños que despois non comes.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized