Arquivo por etiquetas: filmaxinacións

Unha árbore

Por exemplo unha maceira,

na que poida subir,

para levantar os pés do chan

e mirar as cousas a través das follas.

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Unha viaxe

Miña nai sempre di que cousa que tes pensado levar ó faiado, é mellor levala directamente ó contenedor, porque alí é onde rematará, máis cedo ou máis tarde.

Eu teño faiados en tódalas esquinas.

Faiados en libretas vellas, debaixo da cama, na lista de contactos do meu teléfono, en documentos de Word, en álbums de fotos, en zapatos rotos, en caixiñas pequechas, en maletas de roupa que xa non me sirve.

Gústame moito pensar que,  unha vez que  pecho os faiados, ocorren acontecementos extraordinarios. As cousas axítanse, móvense e mistúranse para poder sorprenderme.

Os faiados ofrecen a posibilidade de ordenalos e desordenalos cando che pete. A desorde conséguese ata sen querer, cando deixes unha cousa, só tes que bloquear calquera pensamento que se queira dirixir a ela. Ordenar é seleccionar, redecorar, cambiar o enfoque; limpar, tirar e revalorizar, sempre evitando que os recordos e os puntos de vista se acomoden.

Vou pechar os faiados una tempada para facer unha viaxe a un sitio moi lonxe. Pecharei, dareille dúas voltas á cerradura e actuarei coma se non existiran. Esquecereinos con contundencia, determinación e unha certa brusquedade, desa maneira que só permite a seguridade de que, aínda que non os vexa, estarán aí. Deixarei que as cousas muden de sitio: perderei algunha e aparecerá algunha nova.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Facer

Your beautiful eyes on the Behance Network

.

Desenfocar

Abrir unha fenda

Derribar o muro

Escupir o becho que che come as tripas

Derretir o xeo

Arrancar a espiña

Tirar un vaso contra o chan

Matar o elefante da habitación

Romper o movemento circular

Levantar o veo che que cobre a mirada

Enfocar

Arriscarse a soplar

E que se apague

 


2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

facer

ese día decidiu prohibirlle a entrada

ó mal humor,

e, de prexuzgar,

facelo para ben,

.

pórlle freo á morriña,

que te pecha

nunha cama desfeita,

a deformar pasado e futuro,

.

abrazar sen pensar,

rir sen pensar,

bailar sen pensar;

.

para abrazar, rir e bailar

non fai falta pensar;

.

pensar en ti

dende o teu punto de vista.

un algo de añoranza en cada palabra;
unha loita contra a tristeza crónica
que últimamente a inundaba.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Rompes

1.

Eliminas a necesidade de seguridade,
consegues ver por un lugar diferente ós ollos,
descubres algo novo,
e revalorizas as cousas caducas.

2.

Hoxe, máis que mañán,
lonxe,
riste de todo,
e chamaslle ás necesidades caprichos,
e lavas os dentes coma se fóra a primeira

ou a última vez

só porque che gusta coidar o sorriso.

3.

Vas,
volves,
mudas,
reinvéntaste,
porque cada momento é caduco,
aínda que ó final non o sexa.

4.

Miras o medo ós ollos,
porque o medo
tamén
morre de medo.

Cambias os obxectivos,
unha e outra vez,
aínda que sempre persigues
estar feliz.

5.

E unha e outra vez,
tamén,
es máis e máis feliz.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Esperanza

Aínda que non esperes nada,

algo sempre esperas.

Esperanza

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

65bbb20eb3a106479269ffe28ed8533910d0a26a

querer como acción

ou querer como reacción.

5 Comentarios

Arquivado en Uncategorized