Arquivo por etiquetas: faladurías

É de mentira

E que, dende aquí arriba, non oio. De verdade, non escoito, é inútil. Non, non vou facer ningún tipo de esforzo. Si tal avísote cando baixe… Agora quedo, estou ben aquí.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

¿e que hai do que non se di? ¿que pasa se a maioría de cousas non se din? ¿dise todo pero non se capta toda a mensaxe? ¿lanzamos mensaxes que queren dicir outra cousa? ¿dinse a maioría de cousas pero non o máis importante? ¿e se xusto un escolle para dicir o equivocado? ¿que che dá medo? ¿temes o que che digo ou o que non che digo? ¿e si calo? ¿e si falas? ¿que por onde empezas?

Non sei.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Para min optimismo é empezar o día con ganas de rir, música no corpo, a intuición de que vai pasar algo bonito e o non-medo ó descoñecido.

E gutamin gutamin!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Son un bichoco que vive nas ranuras que deixan as madeiras que van quedando floxas por vellas, son un raíño de sol que entra por non sei onde non sei cando, son a area que traes nos pés sen querer naquel paseo olvidado pola praia…

e por iso ríome de ti que precisas buscar piso,

hehehe!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

o que pasa

Ás veces chafo un momentazo intentando contalo con palabras e outras engrandezo máis e máis un momentiño maquillándoo con palabras.

Ás veces prefiro non falar para que sexa só o que é e nada nin ninguén, nin eu mesma, lle demos forma con algo tan alleo coma a linguaxe.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Ela di que é algo do instinto, outras veces culpará ó destino pero o certo é que irá, volverá compulsivamente a bater á mesma esquina, asomará o fuciño pola ventana, dúas veces non vaia ser o caso, e dará a volta pensando no absurdo do tema.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

turtle9É curioso en qué pouco tempo as cousas se adaptan ó seu sitio. O armario baleiro, o oco das caixiñas de cartón…Ando de traslado, e non sabía eu que o ridículo período temporal dun ano puidese chegar a ser tan pesado. Carreto en maletas a reventar, en bolsas da basura, no que podo, coma se os bultos formaran parte de min mesma. E só son bultos, cousas, desperdicios.

Gústanme os cambios, pero a vértixe…

Teño ganas de escribir e non atopo o momento.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Con este doce e  máxico LICORCA!, 

invoco ó Gris negativo e escuro, 

ós vergoñentos segredos. 

Tamén vos chamo a vós, 

malos pensamentos e

malintencionados tons de voz; 

e ás desilusións que forman nubes negras,

ós bichocos que fan ruído ó pisalos, 

ás mordazas,

ás dores buscadas e

ós berros do pasado;

neste Agosto soleado

ídevos, apodrecede, 

desintegrádevos e caducade,

tirádevos ó chan ata que non poidades movervos,

pero, sobre todo, NON VOLVADES. 

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

É verán

Reunimos as provisións de risas, pelis, contos, paseos, raios de sol e auguiña mediterránea. Para que estén noviños e amoreados cando abramos a caixa morriñenta. Disfrutamos hoxe porque non sabemos o que vai pasar , e porque, ó final, o importante é non esquecer que “hoxe” nunca se repite.

E nada, que Agosto entra paseniño (eu diría que estamos en Xuño) envolvéndome con palabras alleas e dándome ganas de máis e máis, para perderme para sempre dentro delas

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

de maior

eu quero vivir na praia, levantarme cada mañá e ve-lo mar, e decidir qué vou facer o resto do día só en función do estado do mar. e ter sempre invitados, e historias, e fogueiras con chourizos, facer croquetas e dar paseos co can, e recibir unha botelliña cunha mensaxe, e coñecer as pedras, separar os grans de area por cores e xogar ás patadas, e perfeccionar a técnica da construcción de castelos medievais con foso e ponte levadiza. confeccionar collares e coñecer o mar, o seu humor, as súas mensaxes, as súas queixas, as súas chamadas. e falarlle, e xogar os dous.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Mestres

Non subestimes o poder das palabras. Pasan os anos e, na relativa independencia que nos inculcan que se debe alcanzar na nosa madurez, soa aquela frase que alguén pronunciou coa intención de axudar, adoutrinar ou calquera outra malicia. Pero flota na túa cabeza, empúxate a adoptar unha ou outra posición. Despois están os libros.

En Galicia non se fala castelán porque os políticos, os mestres e os pais ignorantes nos obrigan a falar en galego. Isto tamén dificulta a nosa aprendizaxe de outras linguas, en realidade, dificulta que desarrollemos a nosa intelixencia, por iso un dos significados de gallego é tonto, comprensible. Esa lingua, o galego, tamén nos fai ser violentos, machistas, atrasados, terroristas… Ten moito mal, os científicos de todo o mundo deberían poñerse a estudalo.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Absurdo: vacío DE sentido

Igual B lle di a A que se vaia ó carallo, que a deixe en paz, que prefire estar seria a rir coas súas bromas, que adora a súa aburrida orde, a soidade do vacío onde acostuma a aniñar, as palabras usadas, o teléfono apagado e as pelis dos sábados pola tarde. Igual mañá fai sesión de cremas e depilación, é o que fai ter tempo. Tempo seu, para malgastalo ou para aproveitalo, según se mira.

Andy-Warhol-Mickey-Mouse-8380Igual B sorrí mentres, no medio das poucas frases que lle chega oír de A para non perder o fío da conversa, flúe o eterno e confuso torrente de contradiccións, interrogantes e merda que pretenden tapar o seu vacío.

Igual A é B, e B A. Igual ninguén existe e todo é un xogo. Igual as súas vidas non teñen sentido. Igual as súas vidas son o sentido en si mesmo.

O mellor é que nada disto importa. 

¡Beeeeen!! Parece que teño nas mans unha xoia.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

1243372693835_f

                                                              http://www.fotolog.com/comoprefieras

Aínda en cachiños, repartida entre aquí e acolá, con esa extraña sensación que brindan os cambios, adaptacións, idas, voltas. 

Mentres, o omnipresente e inevitable patio de luces berra, rechina, esvara, minte, irrítase, ri. Outra vez de volta ó ruído, o que rouba o sono mais non o cansancio. 

Aínda cheira a mar, a conversas atemporais, a paréntese.

Mañá será outro día. Ordenar, asimilar, etiquetar, camiñar.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

De vacas

¿que mais dá se son brancos, beis, amarelos, verdes, manchados de café-chocolate, recén branqueados polo dentista, de ouro, plata, marfil, alumnio, de primeira hora da mañán, antes de deitarse, se teño tanta gana de ensinalos?

¿E si non hai patacas novas, un verde esplendoroso e sete gaitas tocando arredor?

Estrés, falta de durmir, a estrañeza de que sean tan pouquiños días, a frustración de non aproveitar cada minuto, a longa viaxe dos voos baratos, os cambios negativos que está a haber na República….

Xa chega, sisi, un, dous…………

A maletiña xa está lista…

¡VIVAAAAAA!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

“¿Como escribirlle unha poesía a un poeta?”

pda_benedetti_02En días coma hoxe, nos que nos queren roubar as palabras, qué falta nos fan os poetas. Para que as mimen, para que as coiden, e así medren, se transformen, se enriquezan, e cada día, en vez de perdelo, aumente o seu sentido.

“¿Como escribirlle unha poesía a un poeta?”

Aínda que te vas, a túa alma sempre quedará nas palabras coas que nos agasallaches. Ese é o seu poder, o que ti, coma ninguén, soubeches outorgarlles. Non se lle pode dicir adeus a quen sempre estará con nós.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

A banda sonora

Ás veces unha esperta soñando con algo tan simple, iconográfico, copiado e roubado coma un bico debaixo da chuvia; e dáse conta de que a vida ten unha banda sonora que nunca deixa de soar, chea de labirintos de ilusións, máis imposibles que improbables.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Palabras

O outro día falábanme do oulipo, Eles gustaban de xogar coas palabras, para alcanzar tódalas posibilidades de creación, que crían ilimitadas. Eu descoñecía esta corrente, e chamoume a atención, por exemplo que algo tan odiado por min coma as matemáticas puidera combinar coa literatura, e menos, no xénero da poesía.

Mais supoño que o azar, as probabilidades, as novas fórmulas de solucionar os problemas, os descobrementos, as aprendizaxes que herdamos da experiencia doutros… + un infinito elevado a infinito etcétera poden ser perfectamente aplicables a calquera dos dous campos.

E , se a literatura se pode ver enriquecida coas matemáticas, ¿por qué non as matemáticas coa literatura? Por non cargar para sempre coa culpabilidade que arrastro polo meu desinterese cara os números, tamén penso que moitos nos veriamos bastante mais implicados se lle engadiramos un pouco, moito de literatura. ¿non se aplica a campos da relevancia da política ou a mediciña onde a obxectividade, claridade, concisión deberían ser fundamentais?

Entre estas e outras cavilacións ía eu camiñando pola rúa onde, case seguidos, como se alguén os colocara alí para min, vexo dous carteis:

Métodos de disuasión de paxaros,

Material para deportes de contacto

E eu non sei, qué queres, chistáronme, polas mil maneiras de dicir as cousas, polo ridículas que soan algunhas “sutilezas”, porque ás veces é mellor chamarlle ás cousas polo seu nome, ou non…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Antes de durmir

Poesía. Sons, letras, palabras, rebuscadas, coidadas e acariñadas, establecidas tras deixar atrás longas viaxes. Non é tan sinxelo, non é tN NATURAL. É MAIS DOADO O sinsentido, o que se atopen fóra de lugar e non se movan porque non ven un sitio mellor para ir. Que se confundan ecos con burdas e planas repeticións. Que se EQUIVOQUEN E se vaian de onde non queren, deben, irse.

Se o zapato non se proba non se sabe se será cómodo.

Porque insomnio é espera, búsqueda, añoranza, medo.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Que si, mujer, que siii

– Haber cariño, déjame ver… Perfectos. Es que con el color de tu piel queda una auténtica monada. ¿Ves? Preciosa. Bueno mujer, eso es que están nuevos, ya verás como cuando los laves se adaptan mejor a tu cuerpo. La tallita la tuya. ¿Otro color? Yo no te lo aconsejaría, mira que esta temporada el naranja viene muy fuerte. Con el descuento te quedan en 69´95. Claro. Muy bien. Firma aquí.¡Hasta pronto preciosa!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

No chan

bailarinas pensandoE, se decidimos desviarnos do camiño acertado, sabendo que o máis probable é que caiamos, non é porque nos guste caer. Nin é porque caer sexa unha cualidade inherente ó ser humano. 

Caemos para ter a oportunidade de levantarnos, unha e outra vez.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized