Arquivo por etiquetas: faladurías

65bbb20eb3a106479269ffe28ed8533910d0a26a

querer como acción

ou querer como reacción.

5 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Unha idea sinxela

sen malos artificios.

como ese paxariño que non é unha pomba, as croquetas de mami, a roupa nova, o solete primaveral, o abrazo no que quedas durmida, a chuvia que deixa a herba tan verde, a yenga (escríbese así?).

con moito optimismo.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

¿amoldarse?

¿enfundarse en prexuízos de espuma para que non doian os golpes? ¿usar un paraugas de inmovilidade para non verse importunada por condicións climáticas adversas? ¿ou gafas de sol para evitar que unha idea perigosamente desestructuradora te deslumbre?

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

ou

darlle bicos ó aire,

deixar pasar aínda que non veña ninguén,

pedir perdón sen motivo,

ordenar o último caixón do armario do faiado,

escribir cartas de sinceramento e non envialas nunca,

acurrucarme conmigo.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Faime caso

Conta ata 10:

non berres,

ri en baixiño.

Tes que previr.

Non tires pedras,

resolve problemas matemáticos,

non corras polos pasillos

e come froita.

Non xogues co lume (nin coa auga):

aprende a calar

e a desconfiar,

e a esquecer todo isto,

dígocho eu.

4 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

A teoría dos momentos dí que a felicidade, lonxe de estar relacionada coa etenidade, está composta de momentos. Non podemos falar de felicidade senón falamos de momentos. E só despois de aceptar a fugacidade dos momentos felices poderemos empezar a falar da frecuencia.


Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

o teu sorriso

O teu sorriso é bonito,

para facerlle unha foto

e poñerlle un marco

deses dourados.

E despois,

colgalo na habitación

dos invitados.

Porque bonito é.

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Puntualizando

Debería existir un diccionario poético, o diccionario subxectivo das persoas. Para poder abrilo nas conversas irrepetibles e trascendentais.

A outra opción é eliminar os puntos suspensivos e os puntos finais. Para evitar os danos colaterais dos erros na puntuación. Abolir as historias chicle e os adeuses, e cambialos polos”este mes non pensarei en ti” e  os “ata loguiños”.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

cantas cousas que nin sequera tocaches, que teñen outras cousas dentro que sempre serán descoñecidas para ti, cantos esquemas mentais incomprensibles…

¡por iso é bo ordenar e facer limpeza de vez en cando! ¡para deixar sitio para o novo! ¡para que non pase desapercibido! ¡para estar lista! ¡para distinguilo! ou para dicirse a unha mesma que a chegada é inminente…(“ó seu tempo” supoño que tamén vale)

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

-Dime o título dunha canción que che guste moito.

-…

-Veña, rápido, ¡non vale pensalo!

(…)

-Agora dime, ¿gustouche xa de primeiras? ¿ou foi ó volver a escoitala? Quizais xa che gustou a primeira vez pero seguro que a segunda o fixo un pouco máis. Neso consiste. As cousas que nos gustan.

-¿e que dis dos frechazos?

-Si, están os frechazos. Mais non sempre é tan simple.

-A min gústanme as cousas sinxelas.

-Non é o mesmo simple que sinxelo.

-E o coelliño do reloxo dicía: Un fin. Un camiño. Un porqué.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

incomunicada

lonxe.

é verán e sopla unha coidadosa brisiña para que non faga demasiado calor, nin pel de galiña nin suor. ós pes da cama un vestido lixeiro con historia e unha barra de labios vermella.

ninguén responde ás súas miradas, coma se fose unha personaxe invisible que se introduce clandestinamente no medio dunha película. aínda por riba non lle saen as palabras, máis adiante descobre que en realidade aínda non ten nada que dicir.

está de estreo, estrea perspectiva, e todo se replantexa e semella novo, virxe. non hai cousas usadas, hai cousas con historia.

ninguén abre a boca cando vai votando do barco a todos os atrevidos que se atreveron a abordalo sen permiso.

prende os sons e olores que se lle antollan, e pode apagalos, e combinalos de diferentes maneiras, para saber distinguilos e aprecialos sempre.

chisca os ollos tres veces:

1 para eternizar os bos momentos e non volver votar de menos,

2 para reducir a equipaxe e que non volva pesar (coma un antivirus que libera o ordenador para que funcione ben)

3 para non ter medo de enfrontarse e entregarse ó presente, sempre.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Espírito…

…ou algo así

Cando fai tanto frío, e a casa ta aínda máis fría, non hai auga quente nin funciona a cociña para beber algo quente, cando queres que se acabe a xornada laboral  e votas de menos a alguén, este tipo de cancións prodúcenme un efecto optimista e terapéutico…

Sempre hai algún motivo, de calquera tamaño, para sorrir.

Qué pouquiño queda xa!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

frío mediterráneo

as cousas están frías neste cuarto, non coma se foran novas senón como o que está en desuso dende fai tempo. É unha habitación bonita, con boas vistas, máis ás veces ten moito vicio de amosárseme extranxeira… Non sei, supoño que tampouco se me vai a vida en domala pero algún día terei que facelo.

fai frío e o aire é denso, pesado, peca de exceso de ventilación, imaxina unha cama no medio dun parque… inúndanme ruidos que non debería oír, metálicos, eléctricos, coma dalgunha fábrica… conversas alleas, coches… ¿todo iso cabe nun cuarto que debería ser meu?

quero durmir xa!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Robin Hood

Robin Hood é unha directora de banco. Gústame imaxinala vestida ben elegante, saudando cun sorriso a todos os señores ricachóns e firmando montañas de papeis. ¿Canta xente coñecería o seu segredo? ¿Súa nai? ¿Algún amante?

Tiña a vida solucionada e non lle importou arriscarse a complicala, e non o fixo por ela. Vaia, ás veces o ilegal soluciona moitas vidas.

Esta historia debería abrir algún debate ou, polo menos, ser repetida, engrandecida e idealizada ó longo de centos de xeracións de avós e netos.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Bonito

…estaba pensando que morriña non está moi lexos desa incertidume de ónde, cómo e cándo unha será capaz de plantar unha árbore, estacala, esperar a que medre, podala, mimala e esperar sentada a que vaia dando froitos, aínda que durante anos só dé para os paxaros…

…e  entendes que non existen nin existirán mandarinas máis boas que as de teu abuelo.

E entón pensas que, como non o sabes, debes tratar de facer que o ónde, cándo e cómo, sexan sempre moi bonitos!!!

A foto é de Peter Garfield, e si, levanta as casas nun helicóptero, déixaas caer dende ben alto e CLICK!!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Un pelo,

unha meixela encarnada, un cheiro, unha curva, un temblor, unha diferencia, un brillo, unha sombra, un grano, unha arruga, unha boca moi aberta, unha mirada non estudiada, unha bágoa, un suspiro, unha mancha, un temblor.

silencio.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

El des-encuentro

Su separación se fue forjando según iban perdiendo conciencia de la presencia del otro. Ella decía que la culpa era de él, que ya no la escuchaba, siempre atento a cualquier chorrada sin sentido. Él la acusaba de ignorarlo hasta el punto de no regalarle ni la más insignificante de las miradas.

En ese descuido general, mientras se evaporaba cualquier intento de decir algo con significado, los sentidos se fueron desafinando. El paladar se oxidaba en una irremediable pérdida de expectativas. Las caricias no sabían ser ante el despiste de oído y vista, y el olfato se sumó al afán de sus dueños por ignorar todo lo que los rodeaba.

La invasión se desarrolló de una manera precisa y premeditada, pero silenciosa. Nadie preguntó cómo había ido a parar al mueble de su cuarto aquel objeto. Si en algún instante repararon en el exceso de saturación o en el ruido que hacía parecer inexistente cualquier elemento ajeno al aparato, fue tan fugaz que no mereció comentario alguno.

El único enfrentamiento en el que pusieron verdadero empeño fue en el que se jugaban la posesión exclusiva de tamaño aparato. No sabían que existía un único vencedor, y que éste lugar le correspondía a quien había iniciado la batalla.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Camiñar cara atrás.

Facer como que non sabes as cousas que sabes que sabes.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Comer mandarinas da república sentada no metro de Barcelona

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

¿Alixeiramento de equipaxe?

Levaba tanto tempo á espera dun sinal que non me decatara.

Quizais o sinal é pórlle fin a un ciclo que tivo os seus bos momentos pero que agora só actúa de raíz para que medre a duda.

Igual é o momento de comezar algo novo, atreverse a arrancar as raíces e cambialas por berros.

Un cambio, un novo camiño, unha nova definición. Un nacemento.

Algo ten que morrer para deixar sitio ó novo.

Fai tanto tempo que non berro…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized