1.
trato de coller con pinzas
palabras
que aspiran a construír
oracións
que se achegan
á verdade,
que non ha de durar máis dun tempiño.
2.
busco
e atopo
outras cousas,
coma se o sentido da búsqueda
fóra a elección dun camiño,
un calquera,
sen importar a onde leve,
3.
se teño que chegar a onde quero,
que me atope cando esté
dándolle patadas
a unha pedriña pequecha.
4.
hai que ter coidado
porque as palabras gástanse
pervírtense
perden o significado
quedan vacías
perden o poder
e vólvense na túa contra
5.
que non chegue
o momento
no que todo sexa
reseso
e non teñamos nada novo que dicir