Arquivo por etiquetas: cousas bonitas que atopo

A beautiful revolution

6a00d83451946d69e20112791dd8c428a4-800wiA beautiful revolution  vía Ateneu Popular

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Pompi pompi, dubiduuuuu

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Boísimo

Cómo non, vía Ateneu Popular

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Tango

En tus brazos” conta a historia dunha parella de baile xa retirada por culpa dun accidente. Unha excelente animación en 3D con firma francesa e sabor español, obra de Edduard Jouret e Matthieu LAndour en colaboración con FX Coby.

Vía Arzimagina

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Fabulosamente sinxelo

Vía Las blog en punto

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

A vida en 42 segundos

Chris Milk é un director americano especializado en videos musicais.

Vía Ateneu Popular

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Si si, moi curioso

Sobre todo, nos días en que vivimos.

Vía Ateneu Popular

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

O meu novo descubrimento

¡¡¡¡ click !!!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Algo así

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Non o tiro

E se vivimos cada vez máis xuntiños, respiramos o mesmo aire no ascensor, compartimos sudores e falamos polo messenger…

¿por qué non pensamos na utilidade das cousas na medida en que lle sirva ó que teño ó lado e non só a min? Compartir, ceder, pedir… Portarnos coma veciños dun mesmo lugar. Darlle o xusto valor ás cousas…

Realmente hai cousas ben sinxelas, mais teño que felicitar por ocorrentes, emprendedores e realizadores de realidades ideais a http://nolotiro.com/. Unha máis que interesante iniciativa a carón das que, por fin, están a acontecer como resultado das dificultades económicas e socias destes días. Aínda nos queda moito.

Vía Ateneu Popular

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Mimá!!

Despois dun maravilloso e relaxado paréntese na República Independente de Rabuñade volto con enerxías renovadas (espero) e moitas ganas de facer cousas. Pero ben, pouquiño a pouco, ¿non si?

Déixovos cun traballazo impresionante de stop motion, vía ateneu popular

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

A conexión dos puntos

Este é o famoso discurso de Steve Jobs. De calquera das maneiras, inspirador. E reconfortante. E axeitado co momento. Porque hai cousas que sabemos pero gústanos e precisamos que no-las recorden.

Soñar, fixar como obxectivo algo tan importante coma ser felices e darlle sempre prioridade. Seguir a nosa intuición, buscar que é o que amamos, non conformarnos con menos, non temer tanto ós cambios.

E moitas mais cousas que podería dicir, cuestionar, refacer. Porque diso vai. Pero estou cun pé na cama. Todo para vos.

Boas noites.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Todos contra todos

Novo spot de Amnistía Internacional, a cargo da axencia Leo Burnett, producido por LOBO.

Vía lasblogenpunto

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Coma sempre, quito o sombreiro ante as campañas de absolut

A min, partiularmente, a súa primeira campaña, Absolut Art, a máis longa mantida na historia de tódalas marcas segue sendo a mellor. Moitas das pezas seguen sendo de coleccionista, para os artistas convertírase nun privilexio o traballar para a marca 

Supoño que haberá algunha explicación estratéxica para a decisión de cambiar de campaña, e, cómpre recoñecer que In an Absolut World non está nada mal…

A fonte: Lasblogenpunto

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

A historia das cousas (Annie Leonard)

Para quedar coa boca aberta, realmente é tan impresionante que unha queda algo fría.

Para máis información pincha aquí. (vía Reciclaje Libre)

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Días de discursos

gigapanoPanorámica do discurso de toma de posesión de Obama tomada polo fotógrafo David Bergman (ver xigapanorámica).

Vía Ateneu Popular.

Días para soñar: ¡¡Boas noites!!

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

De “propaghanda”

Un pouco de poesía mais non demasiado, un pouco de implicacións de cara ó espectador pero tendo ollo de non alonxarnos do concepto.

Construír algo que atrape, que transforme,… 

Ei, estannos dicindo: “-cómprenos, pague máis do que valen as pezas das que estamos construídos, ese non é o noso maior valor. ¿E o orgulloso que estará cando nos leve?”

 Non lle chegan ós talóns a unha gran novela, nin sequera a unha boa pelicula…

¡Mais teñen 30 segundos! E non esquenzamos que os temos calados, eses minutos invasores que nos pretenden quentar a cabeza con cómpre isto por aquí e aquelo por acolá… ¡Que non preciso nada!

Audi: “Emociones”

Mercedes Benz: “La vida al revés”

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Filmaxinación

Vai de sensacións, de estar nun sitio e en mil, de metáforas, de soños, de interpretacións.

“Oren Lavie é un cantautor de cabelos marróns e rizados, voz susurrante, ollos verdes e, sospeitosamente, de pés fríos(…)”.

Así comeza a descripción que del mesmo fai este interesante personaxe no seu myspace. Nunha rápida escoita, escribiría a súa música como suave, agarimosa, de pechar os ollos… la la lalalala…

Mais o que me cautivou foi este vídeo coa técnica do stop motion, o dominio da mesma é indubidable e, aínda por riba unido a un gran manexo da creatividade. É o que máis me gusta desta técnica, é alcanzable para tódolos petos, requirindo únicamente paciencia e moitísima imaxinación.

Iso, dende agora, neste blog republicaneiro, onde aínda apreciamos a máis que desbordante suficiencia de palabras da nosa lingua, nomearemos esa técnica, a FILMAXINACIÓN. Seguiremos explicando entre paréntesis o nome extranxeiro ata que os da real consideren que xa hai suficiente número de falantes que o empregan para facelo oficial.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

¡Que bonito!

Audi A5. Unbox the box

Vía: Ateneu Popular

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Veciños

Simple a pesar da complicación e experimentación que require, limpo na técnica cinematográfica máis artesana. Sublime na represanteción máis simple da orixe do 90% dos problemas  dos humanos.

“Neighbours” é unha película na que se fai uso da técnica de stop motion. Foi realizada por Norman McLaren, cineasta e un dos principais precursores desta técnica de animación, un gran innovador e experimentador. Dise en referencia ó seu traballo que facía maxia.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized