Arquivo por etiquetas: cóntame un conto

Palabras

A Jordina gustábanlle tanto as palabras que tiña un medazo a que se gastasen. Temía que ó tocalas se deformaran, que ó mudalas de lugar se descontextualizaran ou que, de tanto usalas, acabaran perdendo o seu significado.

Cuando atopaba unha palabra nova metíaa ben metidiña na cachola e, tendo tino de non pronunciala nin mentalmente, gardábaa na neveira. Servíalle calquera idioma ou alfabeto. As palabras poden transmitir moito aínda que non se entendan.

Un día, tropezou cunha palabra que lle gustou tanto que pensou en chamar a algún amigo para contarlla. Non o fixo pero, cuando estaba a punto de pechala na neveira cos seus outros impolutos tesouros, decidiu levala directamente á cama para pechar os ollos e compartila coa súa almofada.

Esa noite soñou que buceaba nun mar moi azul no medio de peixes de cores. Que nadaba volvoreta a carón dun fermoso ornitorrinco cunha esponxosa capa de superheroe vermello de fantasía con habilidades psicodélicas. Que un agarimoso raio de sol amarelo, cálido, laranxa, ocre, azulado acariciaba as xeitosas, armoniosas olas que se ían formando na superficie verde- azulada-relaxante na que aparecían chispazos estrelados en forma de xigantescos rinocerontes violetas, aneques, pegas ravilongas, salvaxes, osos, chapeaux, circulares, pomposos, amenceres, lonxanos… E choiva, meruxa, poalla, vermello, romaría, herba, sombra, pedra, aquí, alí…

Facía frío. A porta da neveira estaba aberta.

Advertisements

6 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

De cambios e remuíños

Abrazarme, eu soa.¿Que é o que quero? ¿Unha viaxe? Podo. Onte soñei que viñas, ¿vés? Pódoche preparar un pastel de chocolate diferente cada semana. ¿Dasme o teu xersei? Se mañán chove, non vou traballar e, se me botan, será un sinal. Agarreille os beizos e estireillos para amosarlle que, se quere, pode sorrir. ¿Vasme facer algo de caso ou qué che pasa?

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Unha viaxe

Miña nai sempre di que cousa que tes pensado levar ó faiado, é mellor levala directamente ó contenedor, porque alí é onde rematará, máis cedo ou máis tarde.

Eu teño faiados en tódalas esquinas.

Faiados en libretas vellas, debaixo da cama, na lista de contactos do meu teléfono, en documentos de Word, en álbums de fotos, en zapatos rotos, en caixiñas pequechas, en maletas de roupa que xa non me sirve.

Gústame moito pensar que,  unha vez que  pecho os faiados, ocorren acontecementos extraordinarios. As cousas axítanse, móvense e mistúranse para poder sorprenderme.

Os faiados ofrecen a posibilidade de ordenalos e desordenalos cando che pete. A desorde conséguese ata sen querer, cando deixes unha cousa, só tes que bloquear calquera pensamento que se queira dirixir a ela. Ordenar é seleccionar, redecorar, cambiar o enfoque; limpar, tirar e revalorizar, sempre evitando que os recordos e os puntos de vista se acomoden.

Vou pechar os faiados una tempada para facer unha viaxe a un sitio moi lonxe. Pecharei, dareille dúas voltas á cerradura e actuarei coma se non existiran. Esquecereinos con contundencia, determinación e unha certa brusquedade, desa maneira que só permite a seguridade de que, aínda que non os vexa, estarán aí. Deixarei que as cousas muden de sitio: perderei algunha e aparecerá algunha nova.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

O que facía Uxía cando se sentía fóra de lugar era abrigar a súa man esquerda detrás da súa rodilla dereita, convertindo esa concavidade nun refuxio no que lle tería gustado agocharse ela mesma.

Un día, cando levou a man ó seu refuxio, só atopou un oco baleiro.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Facer

Your beautiful eyes on the Behance Network

.

Desenfocar

Abrir unha fenda

Derribar o muro

Escupir o becho que che come as tripas

Derretir o xeo

Arrancar a espiña

Tirar un vaso contra o chan

Matar o elefante da habitación

Romper o movemento circular

Levantar o veo che que cobre a mirada

Enfocar

Arriscarse a soplar

E que se apague

 


2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

facer

ese día decidiu prohibirlle a entrada

ó mal humor,

e, de prexuzgar,

facelo para ben,

.

pórlle freo á morriña,

que te pecha

nunha cama desfeita,

a deformar pasado e futuro,

.

abrazar sen pensar,

rir sen pensar,

bailar sen pensar;

.

para abrazar, rir e bailar

non fai falta pensar;

.

pensar en ti

dende o teu punto de vista.

un algo de añoranza en cada palabra;
unha loita contra a tristeza crónica
que últimamente a inundaba.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

porque si

existe esa época na que non tés un xeito de andar, na que andar é achegarse a un obxectivo, ata que, de repente, esqueces o obxectivo, porque xorde algo no camiño ou porque si.

e, se caes de cú, rebotas no pañal.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized