Facer

Your beautiful eyes on the Behance Network

.

Desenfocar

Abrir unha fenda

Derribar o muro

Escupir o becho que che come as tripas

Derretir o xeo

Arrancar a espiña

Tirar un vaso contra o chan

Matar o elefante da habitación

Romper o movemento circular

Levantar o veo che que cobre a mirada

Enfocar

Arriscarse a soplar

E que se apague

 


2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

facer

ese día decidiu prohibirlle a entrada

ó mal humor,

e, de prexuzgar,

facelo para ben,

.

pórlle freo á morriña,

que te pecha

nunha cama desfeita,

a deformar pasado e futuro,

.

abrazar sen pensar,

rir sen pensar,

bailar sen pensar;

.

para abrazar, rir e bailar

non fai falta pensar;

.

pensar en ti

dende o teu punto de vista.

un algo de añoranza en cada palabra;
unha loita contra a tristeza crónica
que últimamente a inundaba.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

límites

Nunca sei se as cousas van mal

porque o estou facendo mal,

Ou se van mal

porque é a única maneira de que vaian.

Cando ten remedio

Penso que é irremediable,

Cando é irremediable

Pensó que o remedio ten que estar nas miñas mans.

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

non sei

1.

trato de coller con pinzas
palabras
que aspiran a construír
oracións
que se achegan
á verdade,
que non ha de durar máis dun tempiño.

2.

busco
e atopo
outras cousas,
coma se o sentido da búsqueda
fóra a elección dun camiño,
un calquera,
sen importar a onde leve,

3.

se teño que chegar a onde quero,
que me atope cando esté
dándolle patadas
a unha pedriña pequecha.

4.

hai que ter coidado
porque as palabras gástanse
pervírtense
perden o significado
quedan vacías
perden o poder
e vólvense na túa contra

5.

que non chegue
o momento
no que todo sexa
reseso
e non teñamos nada novo que dicir

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Rompes

1.

Eliminas a necesidade de seguridade,
consegues ver por un lugar diferente ós ollos,
descubres algo novo,
e revalorizas as cousas caducas.

2.

Hoxe, máis que mañán,
lonxe,
riste de todo,
e chamaslle ás necesidades caprichos,
e lavas os dentes coma se fóra a primeira

ou a última vez

só porque che gusta coidar o sorriso.

3.

Vas,
volves,
mudas,
reinvéntaste,
porque cada momento é caduco,
aínda que ó final non o sexa.

4.

Miras o medo ós ollos,
porque o medo
tamén
morre de medo.

Cambias os obxectivos,
unha e outra vez,
aínda que sempre persigues
estar feliz.

5.

E unha e outra vez,
tamén,
es máis e máis feliz.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Esperanza

Aínda que non esperes nada,

algo sempre esperas.

Esperanza

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Insomnio

A sensación de estar a piques de quedar durmida en calquera momento, salvo naqueles nos que se supón que deberías facelo.

Se pecho os ollos, caio.

🙂

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Rutina

coñecer á perfección o andar de persoas coas que nunca falaches.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

cobardía/valentía

– non sei se é máis cobarde / valente seguir este camiño ou abandonalo a medias.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

sinais

Cando non se sabe se os sinais son cobardía ou a cobardía son sinais.

Que a seguridade de andar ben por un camiño  aínda non pese tanto. Non é medo a caír, é máis medo a que a caída no colchón de plumas te leve de rebote a outro camiño. Quizais non saibas nunca o que queres. Tampouco se supón que vaias atopalo.

¿é moi difícil seguir buscando?

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

65bbb20eb3a106479269ffe28ed8533910d0a26a

querer como acción

ou querer como reacción.

5 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

flickr de alex noriega

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Ninguén mo dixo

Ninguén me avisou de que facer o que unha quere é tan complicado. Ninguén me advertiu dos mil “deberías”, “o seu é” ou “qué pensarán” que interfiren nunha decisión aparentemente simple. Que existan tan poucos actos nos que a búsqueda do recoñecemento dos demáis non forme parte do motor. Só queremos que nos queiran e, sobre todo, que quen nos quere non nos deixe de querer. E dentro de “ser un mesmo” interfire un demasiado “quén quero ser”.

De súpeto, seguir os propios desexos convírtese nun acto egoísta. De súpeto, quen o consigue é reprobado.

¿Envexa por ter a valentía e a bravura de adoptar un comportamento radicalmente antisocial? ¿É o ser social unha mentira?

Eu digo máis tripas e menos cerebro. Digo, non fago.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Deberiamos ser impredecibles

Deberían escasear as mudas limpas, deberiamos deixar que o sol nos queimase, aínda que só fose de vez en cando, quedar durmidos e levantarnos co tempo xusto para poñer calquera cousa e comer algo polo camiño, arriscarnos a equivocarnos unha e outra vez, mollarnos, e cabrearnos a risco de recibir una patada no cú.

E, se hai algo ó que porlle solución, solucinalo xa, un mesmo.  Deixar de pensar que un “bos días, princesa” é o antídoto a todo problema de escasez de amor propio ou carácter obsesivo-complusivo que se instale nun. Intentar ver o proceso de empeoramento de raíz, para poder transfomalo en melloramento canto antes.

Que non chegue o día no que nos preocupe máis non pisar as liñas que separan as baldosas que a xente que pasa ó noso carón, no que esquezamos explorar nos ollos, no que sexamos personaxes de carácter automático de mentira.

Non esquecer quen somos para centrarnos no que queremos ser. Non querer ter todo tan controlado que se nos vaia das mans.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Creo que na sociedade actual fáltanos filosofía. Filosofía como espazo, lugar, método de reflexión, que pode non ter un obxetivo concreto, como a ciencia, que avanza para satisfacer obxetivos. Fáltanos reflexión, pensar, necesitamos o traballo de pensar, e paréceme que, sen ideas, no imos a ningunha parte.

Revista do Expresso, Portugal (entrevista), 11 de outubro do 2008

cuaderno.josesaramago.org


Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

nada me dá o suficiente medo.

chove, móllome… e refréscome, e, en vez de estar triste, síntome liberada. atráeme o retorcido, os misterios, as personaxes que me rompen a cabeza. non me dan medo os mil amantes nin o único e eterno amante. voo, namórome e desenamórome sempre que quero.

tampouco me asustan as mortes, ás veces ata as considero necesarias e xustas e alívianme. é emocionante a crueldade, comprensible a cobardía, admirable a ira e incluso a violencia.

mo meu mundo escrito só mando eu.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

porque si

existe esa época na que non tés un xeito de andar, na que andar é achegarse a un obxectivo, ata que, de repente, esqueces o obxectivo, porque xorde algo no camiño ou porque si.

e, se caes de cú, rebotas no pañal.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

¡Bos días!

Sigo sen poder deixar de escoitar esta canción.

Qué ganiñas de ver ó sonoro maxín!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

¿Te atreves a quitarte la ropa?

Es hora de enseñar el ombligo.

Descubre tu peso ideal.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

A ruta do grelo

2º Video promocional do disco “Almas da noite” de KASTOMÄ. Dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío. Producido por SETEMEDIA. A Ruta do Grelo é o traxecto que vai de Ordes a Sigüeiro, e que é famoso por estar cheo de greleiras vendendo os seus produtos. …

1 comentario

Arquivado en Uncategorized