Mudar

Dicir si cando pensas non e non cando pensas si provoca unha retorcedura de estómago, xesto e ánimo. Un escudo con púas afiadas na dirección do teu corpo que te protexe do exterior.

Dicir si cando pensas si e non cando pensas non é igual que a descomposición de tódolos átomos máis pequenos do teu corpo en tropecentos mil átomos aínda máis pequenos e en continuo movemento. Caer ou descubrir que aínda es quén de voar.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

O camiño

¿Quen vai atopar o valor? ¿Quen vai romper a espiral? Poñer o punto, a coma, a pausa, a curva, o contrapunto, o golpe na mesa.


Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

A memoria da lingua

Onte tiven o pracer de descubrir este fabuloso traballo. Tiven a sorte ademáis de facelo a carón dos meus pais. Porque este documental, entre outras cousas, é unha ocasión para comprender e escoitar. Unha invitación a preguntar, moitas preguntas para facer e moitas por repostar nós mesmos…

Unha explicación desa realidade que todos os galegos entendemos (incluso os que o negan) pero que ás veces se fai tan complicada de explicar de cara a fóra, en parte pola incapacidade dos nosos medios de comunicación de aceptar a realidade lingúistica.

Un documento sociolóxico que nos toca no máis fondo, nun lugar case tan profundo como no que vive a lingua materna.

<p><a href=”http://vimeo.com/16277612″>A memoria da lingua</a> from <a href=”http://vimeo.com/user3407009″>as candongas do quirombo</a> on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

As candongas do quirombo

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Ás veces pregúntome se non é suficiente que chova, ter unha árbore xigante á que abrazar, ver infinitas estrelas  e sentir que estás máis preto do ceo.

Se hai algo máis importante que o cheiro a nada e a todo, poder engulir todo o aire do mundo sen medo á indixestión.

Que un día gris sirva para resaltar o verde, o amarelo, o laranxa, o vermello… As bágoas de meruxa que o gris non permite que sequen en todo o día.

Que poidan existir tantas cousas que nos distraian disto. Que haxa mil entretementos xustificados polo de conseguir unha vida mellor que ó final o único que fan é afastarnos da mellor vida.

Reflexións ó abrigo da choiva que por fin cae en Barcelona, onde os días grises son moi grises pero dan pé a limpos días amarelo-laranxas. Un pouco mediterránea tamén son, ¿ou?

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Caracol col

O caracol maréase sempre que, para que non o queime a luz do sol, se agocha na súa cuncha tanto tempo que tódolos efectos atmosféricos e patadas escollen antes que él.

¡pois que chova!

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Bos días!

O proxecto máis satisfactorio non ten que ser o que costa máis esforzo. Pode ser un grandísimo pracer. O máis importante que podemos facer é dar vida. E todos sabemos como facelo. No medio  desta névoa que non deixa ver nada, alédame distinguir agarimos que van dibuxando un camiño que cada vez me semella máis claro. A elección é clara: construír ou destruír.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Luns

Vai frío. Non chouveu, mais a roupa que tendín onte está aínda máis mollada. A roupa pesa, mais non abriga. Non vin o sol. Non hai leite. O metro tamén está frío, hora punta e sobran asientos. A rapaza que reparte os xornais acumula unha boa morea. Os coches cargados de miradas perdidas pasan, máis a modo do normal, deixando un vento xélido ó seu paso.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Palabras

A Jordina gustábanlle tanto as palabras que tiña un medazo a que se gastasen. Temía que ó tocalas se deformaran, que ó mudalas de lugar se descontextualizaran ou que, de tanto usalas, acabaran perdendo o seu significado.

Cuando atopaba unha palabra nova metíaa ben metidiña na cachola e, tendo tino de non pronunciala nin mentalmente, gardábaa na neveira. Servíalle calquera idioma ou alfabeto. As palabras poden transmitir moito aínda que non se entendan.

Un día, tropezou cunha palabra que lle gustou tanto que pensou en chamar a algún amigo para contarlla. Non o fixo pero, cuando estaba a punto de pechala na neveira cos seus outros impolutos tesouros, decidiu levala directamente á cama para pechar os ollos e compartila coa súa almofada.

Esa noite soñou que buceaba nun mar moi azul no medio de peixes de cores. Que nadaba volvoreta a carón dun fermoso ornitorrinco cunha esponxosa capa de superheroe vermello de fantasía con habilidades psicodélicas. Que un agarimoso raio de sol amarelo, cálido, laranxa, ocre, azulado acariciaba as xeitosas, armoniosas olas que se ían formando na superficie verde- azulada-relaxante na que aparecían chispazos estrelados en forma de xigantescos rinocerontes violetas, aneques, pegas ravilongas, salvaxes, osos, chapeaux, circulares, pomposos, amenceres, lonxanos… E choiva, meruxa, poalla, vermello, romaría, herba, sombra, pedra, aquí, alí…

Facía frío. A porta da neveira estaba aberta.

6 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

“Potser ens hauríem de preocupar.
Permetem que totes les coses que hauríem d’ haver resolt
no les hem resolt encara.
Poc a poc se’ns ha anat acumulant la feina i tot està per fer.
I les promeses, sobretot les que mai ens vam dir,
de tant secretes, de tant callades, encara s’han de complir,
si és que s’han de complir algun dia.
Que mai hem plantat cara els nostres somnis
però tampoc als problemes que arrosseguem de fa temps.
Què volem ser, què volem dir, qui volem ser?
Si ho tenim clar com ho hauríem de fer?
amb qui podríem comptar? comptes amb mi? compto amb tu?
Si… potser ens hauríem de preocupar…
De fet, jo em preocupo i de vegades tinc por
però de sobte com qui no vol la cosa,
d’un dia per l’altre me n’oblido.
I a la llarga… què vols que et digui,
al final de tot no sé com ni gràcies a què,
ni per quin extrany mecanisme,
tot aquesta angoixa, tota aquesta por que sento,
em tranquil·litza, no sé com però em tranquil·litza,
estic tranquil, tranquil.”

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

De cambios e remuíños

Abrazarme, eu soa.¿Que é o que quero? ¿Unha viaxe? Podo. Onte soñei que viñas, ¿vés? Pódoche preparar un pastel de chocolate diferente cada semana. ¿Dasme o teu xersei? Se mañán chove, non vou traballar e, se me botan, será un sinal. Agarreille os beizos e estireillos para amosarlle que, se quere, pode sorrir. ¿Vasme facer algo de caso ou qué che pasa?

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

y que

 

si se

que sí ,

yo digo no,

pero

¿cómo saber

que sí?

tampoco

quiero decir no

si podría decir sí.

.

¿de volta?

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Cousas importantes

Como a importancia de que alguén traia unha cesta con figos, noces e uvas da casa á oficina.

Hoxe aprendín que o máis pequeno detalle, polo que sexa, é quen de vencer a máis grande das adversidades.


2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

estou moi contenta!!

Levaba uns días desconectada da rede, unha mini-viaxe a Mallorca e a logo a febre dunha desas itis que te deixan baldada, e chego e atopo un premio na miña bandexa de entrada! Moitísimas gracias, Zeltia.

Aí vai a lista de cinco dos meus imprescindibles, aínda que podería haber máis:

Non hai moito descubrín o rincón onde Zeltia se pregunta, se revolve e se analiza, que me gusta visitar cada día.

Tamén visito a diario, o diario persoal de Kahlo, que coa súa psicoanálise e metáforas se convertiu nunha das miñas voces literarias favoritas.

Emerecindo, o primeiro blog ó que me enganchei, e sigo enganchada, do que tanto aprendín e tantos momentos me dou.

Cómo non, o blog de Mi, onde as palabras esvaran e se deslizan con dozura e profundidade. Mi, segue escribindo!

E A casa da Ulla, que, de vez en cando, tamén é un pouco a miña casa.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

que che berren

e non queiras berrar.

ou

que non che berren

e queiras berrar.

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Unha árbore

Por exemplo unha maceira,

na que poida subir,

para levantar os pés do chan

e mirar as cousas a través das follas.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Ou non

Todo está cheo de contradiccións.

Querer  vai acompañado dun pouquiño de odio, e o odio ten detrás un alguiño de amor.

Nada é absoluto, completo e puro. Por iso todo é posible.

Ying-Yang

Plis Plas

Rir despois de chorar e chorar despois de rir, sen remordementos. Pensar mal e, ó momento, pensar ben. Comprender, aínda sen chegar a entender.

As sucesións de sentimentos contradictorios, a compaixón, os abrazos que seguen a tortazos (imaxe estereotipada ata a saciedade  pero certa)…

Síntome cómoda no relativismo (se así como se chama).

😉

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Medidas a longo prazo

.

Rascar as feridas

para que non curen nunca.

Ou rascar as feridas para recordalas e non volver a repetilas.

.

Deixar que se oxide o sorriso,

e que, cando queiramos rir ou deixar de rir, rechine cun ruído terrible cada músculo do corpo.

Ou crear un sorriso eterno, sempre alerta para espantar a tristura.

.

Pechar os ollos

ata que a realidade se volva tan grande que sexa imposible ignorala.

Ou pechar os ollos ata empezar a ver por outros lugares.

.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Unha viaxe

Miña nai sempre di que cousa que tes pensado levar ó faiado, é mellor levala directamente ó contenedor, porque alí é onde rematará, máis cedo ou máis tarde.

Eu teño faiados en tódalas esquinas.

Faiados en libretas vellas, debaixo da cama, na lista de contactos do meu teléfono, en documentos de Word, en álbums de fotos, en zapatos rotos, en caixiñas pequechas, en maletas de roupa que xa non me sirve.

Gústame moito pensar que,  unha vez que  pecho os faiados, ocorren acontecementos extraordinarios. As cousas axítanse, móvense e mistúranse para poder sorprenderme.

Os faiados ofrecen a posibilidade de ordenalos e desordenalos cando che pete. A desorde conséguese ata sen querer, cando deixes unha cousa, só tes que bloquear calquera pensamento que se queira dirixir a ela. Ordenar é seleccionar, redecorar, cambiar o enfoque; limpar, tirar e revalorizar, sempre evitando que os recordos e os puntos de vista se acomoden.

Vou pechar os faiados una tempada para facer unha viaxe a un sitio moi lonxe. Pecharei, dareille dúas voltas á cerradura e actuarei coma se non existiran. Esquecereinos con contundencia, determinación e unha certa brusquedade, desa maneira que só permite a seguridade de que, aínda que non os vexa, estarán aí. Deixarei que as cousas muden de sitio: perderei algunha e aparecerá algunha nova.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

O que facía Uxía cando se sentía fóra de lugar era abrigar a súa man esquerda detrás da súa rodilla dereita, convertindo esa concavidade nun refuxio no que lle tería gustado agocharse ela mesma.

Un día, cando levou a man ó seu refuxio, só atopou un oco baleiro.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Lume, lume e máis lume

Estes días non leo máis que noticias de lume. Vexo fotos tan fermosas coma ferintes das labores de extinción, do reflexo das lapas nas ventanas das casas xa vacías. Emociónome cas impresionantes instantáneas dos ollos chorosos de quen vé desaparecer o seu. Leo as historias de accidentes ocasionados polos torpes medios e os tamén torpes xestos de quen se vé superado pola situación.

Leo, sinto e calo, porque falar doe demasiado. Asisto ó espectáculo dende unha butaca o suficientemente alonxada para que non cheire a fume e os diferentes focos parezan vagalumes. Non falamos, mais intercambiamos miradas tristes e resignadas.

Deberiamos falar, máis que de calquera outra cousa. Quen debe informar agóchase no silencio, para que os erros queden no olvido e se volvan repetir de novo, porque existen intereses prioritarios, coma seguir no poder.

Máis nós somos os que os puxemos aí (a pesar dos moitos factores),  nós somos os que debemos falar, os que debemos defender o noso, pór de manifesto os erros para que alguén (dame igual que estea no poder o na oposición) se decate de que o único que queremos son solucións. E saír desta espiral que se repite una e outra vez.

.
.
Mais, sobre todo, o que me inqueda é o que non leo,  o que se intúe detrás das evasivas, silencios e palabrerías que se presentan coma explicacións.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized