Hoxe leo, porque me pregunto e, sen embargo, descanso:
Os atallos e a poesía Non estou moi certo de que, visto o horizonte, a condición poética sexa capaz de liberarnos de nada, nin de liberarse a si mesma. Igual é que ese non é o seu oficio. As dificultades da poesía, ás veces, están en como a miramos. Como se fose algo excepcional cando, ben mirado, é algo cotián que desprazamos como esquivamos as cousas que requiren esforzo: polo mesmo que utilizamos a economía de recursos, polo mesmo que preferimos descansar. Quizais polo mesmo polo que decidimos coller atallos para chegar antes. E, sen embargo, a poesía tamén é un atallo para chegar antes a outro lado. Pero non vale responsabilizala dese lugar ao que chegamos. Porque lendo a poesía dos últimos trinta anos xa deberiamos ter sabido que chegaríamos xustamente aquí.
http://en.calameo.com/read/0002104916d1ebb0669d5
A illa das mulleres
A poesía non só é un atallo, é o único camiño ás veces…