Cando volves, cando por fin es quén de valorar qué é o que é qué, todo se volve plano e perde cor. Indefinible. Palabras prestadas e irrecoñecibles que se alonxan completamente de ti.
Entón, volve aparecer esa pulsación, e pérdeste nesa masa xelatinosa que te abanea dun lado cara outro, de arriba para abaixo. ¿Cómo distinguir, clasificar? Se non sabes de onde sae, só sabes que ten que saír. Todo é real. O pensamento ten a mesma consistencia que as pedras. As sillas, as risas e as aspirinas. Estar aquí e non estar en ningures. Como si volveras estar no medio, es todo e todo é ti. Xa non podes distinguir.
Gústanme as cousas que se poden repetir sempre dunha maneira completamente nova.