Ás veces é preciso construir antídotos. Escudos. Conxuros.
Cancións bonitas e palabras guerrilleiras que actúen coma lanzas contra a tristura.
Porque hai momentos nos que as palabras son máis que forma para convertírense en consistencia.
Aínda que sexa mentira, prefiro darlle caducidade, fugadidade, inconsistencia, á tristura.
E repetir e recalcar búsqueda, ganas, alegría.
unha forma frouxiña de pedir desculpas
adiantadas pola posible desaparición de certas entradas neste blogue
gústame a idea da fugacidade, incluso a caducidade de certas palabras, pero mmmm… o que viviches o que sentiches é teu, hai que facelo desaparecer?
supoño isto unha maneira de sanar mellor de algunha cousa, e todo o que sexa para sentirse ben e buscar a gana, a alegría, está ben.
Unha apertiña.
tes razón… o que pasa é que esa parte de nós negativa, esa parte que nos fai estar tristes sen motivo aparente… costa traballo convivir con ela!
unha apertaza