I
As súa man vai adiante e atrás, á altura da miña cabeza. ¿Que parte das baldosas me gusta máis pisar? Os bicos: sin babas e sin ruido. As miñas palabras non me chegan para dicir o que quero dicir. Cando a boca ensina os dentes está sorrindo e é bo. É fácil chorar pero non sempre vale a pena.
II
Abrazarme, eu soa. ¿Que é o que quero? ¿Unha viaxe? Podo. Esta noite soñei que pasaban cousas entre ti e eu, se queres, tomamos un café e cóntochas. ¿Dasme o teu xersei? Se mañán chove, non vou traballar. Agarreille os labios e estireillos para amosarlle que pode sorrir. ¿Vasme prestar un pouco de atención ou qué?
III
Convertir as miñas ás nunha manta xigantesca. ¡Non me gustan as margaridas! ¿Prométesme que non moverás a man? Se vés, poñerei unha flor en cada ventá. Se chove, non vou. Creo que me apetece voar un cacho dentro da túa boca.