Ese calor no ventre
Esa inquietude
Que fai cóxegas
Que doe o suficiente
Que molesta o bastante
Para dicir que hai vida
Esa revolta no peito
Que tinxe os beizos
E agranda os ollos
Que se extende e contrae
Que medra e encolle
Que molesta e agarima
Xa votaba de menos
A inquietude nas mans
O medo no alento
O risco nos pasos
Non quero que fuxa
Non quero que murche
¡Benvida primavera!
benvida a primavera tamén aos nosos corpos, ao noso ánimo!
me encanta! 🙂