Quero un pouquiño de maxia. Pensei en non dicilo pero tampouco está tan demostrado que haxa moita diferencia entre imaxinar un desexo ou formulalo.
Así que decidín compartilo. Porque, se o ledes, quizais vos sintades empáticos, solidarios ou simplemente vos fai gracia a situación. E entón, ó sermos máis desexando, haberá máis motivos para que se cumpla.
Vouno facer máis sinxelo. ¿E si hoxe fora un día cun pouquiño de maxia para todos? Quizais, se todos pechamos os ollos, por exemplo, dentro de 22 minutos durante 22 segundos e 22 centésimas de segundo, vemos moitos vintedouses a pesar de termos os ollos pechados.
¿Qué dicides? Eu xa estou empezando a contar.
Mecachis, dabas moi pouquiño tempo de plazo…
Non che vale igual hoxe ás 22 horas 22 minutos 22 segundos?
🙂
tamén eu necesito algo de maxia…
si!! a miña hora preferida!!