A memoria da lingua

Onte tiven o pracer de descubrir este fabuloso traballo. Tiven a sorte ademáis de facelo a carón dos meus pais. Porque este documental, entre outras cousas, é unha ocasión para comprender e escoitar. Unha invitación a preguntar, moitas preguntas para facer e moitas por repostar nós mesmos…

Unha explicación desa realidade que todos os galegos entendemos (incluso os que o negan) pero que ás veces se fai tan complicada de explicar de cara a fóra, en parte pola incapacidade dos nosos medios de comunicación de aceptar a realidade lingúistica.

Un documento sociolóxico que nos toca no máis fondo, nun lugar case tan profundo como no que vive a lingua materna.

<p><a href=”http://vimeo.com/16277612″>A memoria da lingua</a> from <a href=”http://vimeo.com/user3407009″>as candongas do quirombo</a> on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

As candongas do quirombo

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “A memoria da lingua

  1. moito me gustou o vídeo!
    grazas por poñelo.
    sentinme moi identificada con algunhas das cousas que dixeron: eu tamén fun unha nena escolarizada nos anos 60, no rural, e ríanse de min por falar mal o castelán e aprendíno a golpe de ridiculizacións, a primeira a mestra. Despois vin para a Coruña, e cando voltaba en vacacións e me escoitaban falar castelán con fluidez, todos os que antes me aldraxaban, xa querían ser meus amigos e amigas. E a mestra, cando me atopaba dicíame que guapa estás agora, con ese pelo longo e ben vestida, falando como é debido, non coma antes, que daba pena verte.
    asi, así como te lo cuento

    • grazas!!
      e que todos temos algunha historia, ¿non si? Eu tiven a sorte de medrar en galego, pero todos os meus amigos galego-falantes xogabamos en castelán, que era más fino… E tamén souben o que é que empregar a lingua materna supoña varios puntos negativos á hora de atopar un traballo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s