Ás veces pregúntome se non é suficiente que chova, ter unha árbore xigante á que abrazar, ver infinitas estrelas  e sentir que estás máis preto do ceo.

Se hai algo máis importante que o cheiro a nada e a todo, poder engulir todo o aire do mundo sen medo á indixestión.

Que un día gris sirva para resaltar o verde, o amarelo, o laranxa, o vermello… As bágoas de meruxa que o gris non permite que sequen en todo o día.

Que poidan existir tantas cousas que nos distraian disto. Que haxa mil entretementos xustificados polo de conseguir unha vida mellor que ó final o único que fan é afastarnos da mellor vida.

Reflexións ó abrigo da choiva que por fin cae en Barcelona, onde os días grises son moi grises pero dan pé a limpos días amarelo-laranxas. Un pouco mediterránea tamén son, ¿ou?

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

3 respostas a “

  1. Este post tan intimista gustoume moito, identíficome tamén moito co que dis [hoxe parece que non teño identidade propia que me identifico con todo 😉 ]
    Estou de acordo con todiño, e se o quixera dicir eu, ogallá puidera dicilo como o fas tí.
    A ventana xa é o máis do máis: ¡non me dirás que esa marabillosa ventá é túa!
    con todo iso que se ve dende ela!
    dame gana de poñer a foto de fondo de pantalla.
    [pero se non é túa, non te aflixas, tampouco é a miña]

  2. 🙂
    é na miña casa de Lantaño, pero é a ventá da habitación do meu irmán, eu acostumaba a estudar alí e algún día dábame por sacar fotos, porque a verdade é un sitio moi fermoso… E si, cando me fun da casa, pasou a ser o meu fondo de pantalla, para poder seguir mirando por ela…

  3. haivalahostia

    mencanta como escribes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s