Palabras

A Jordina gustábanlle tanto as palabras que tiña un medazo a que se gastasen. Temía que ó tocalas se deformaran, que ó mudalas de lugar se descontextualizaran ou que, de tanto usalas, acabaran perdendo o seu significado.

Cuando atopaba unha palabra nova metíaa ben metidiña na cachola e, tendo tino de non pronunciala nin mentalmente, gardábaa na neveira. Servíalle calquera idioma ou alfabeto. As palabras poden transmitir moito aínda que non se entendan.

Un día, tropezou cunha palabra que lle gustou tanto que pensou en chamar a algún amigo para contarlla. Non o fixo pero, cuando estaba a punto de pechala na neveira cos seus outros impolutos tesouros, decidiu levala directamente á cama para pechar os ollos e compartila coa súa almofada.

Esa noite soñou que buceaba nun mar moi azul no medio de peixes de cores. Que nadaba volvoreta a carón dun fermoso ornitorrinco cunha esponxosa capa de superheroe vermello de fantasía con habilidades psicodélicas. Que un agarimoso raio de sol amarelo, cálido, laranxa, ocre, azulado acariciaba as xeitosas, armoniosas olas que se ían formando na superficie verde- azulada-relaxante na que aparecían chispazos estrelados en forma de xigantescos rinocerontes violetas, aneques, pegas ravilongas, salvaxes, osos, chapeaux, circulares, pomposos, amenceres, lonxanos… E choiva, meruxa, poalla, vermello, romaría, herba, sombra, pedra, aquí, alí…

Facía frío. A porta da neveira estaba aberta.

6 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

6 respostas a “Palabras

  1. Miguel

    Si que acabaches boa artista.
    Espero que che vaia todo ben.
    Súdos e sorte.

  2. Ó final as palabras fermosas parece que escaparon da neveira para vir dar ó teu post e deixalo todo perdido de encanto.

    Alédame a túa volta polo blog. [ou vai ser un visto/non visto?]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s