estou moi contenta!!

Levaba uns días desconectada da rede, unha mini-viaxe a Mallorca e a logo a febre dunha desas itis que te deixan baldada, e chego e atopo un premio na miña bandexa de entrada! Moitísimas gracias, Zeltia.

Aí vai a lista de cinco dos meus imprescindibles, aínda que podería haber máis:

Non hai moito descubrín o rincón onde Zeltia se pregunta, se revolve e se analiza, que me gusta visitar cada día.

Tamén visito a diario, o diario persoal de Kahlo, que coa súa psicoanálise e metáforas se convertiu nunha das miñas voces literarias favoritas.

Emerecindo, o primeiro blog ó que me enganchei, e sigo enganchada, do que tanto aprendín e tantos momentos me dou.

Cómo non, o blog de Mi, onde as palabras esvaran e se deslizan con dozura e profundidade. Mi, segue escribindo!

E A casa da Ulla, que, de vez en cando, tamén é un pouco a miña casa.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “estou moi contenta!!

  1. Grazas mil, Meliña, polo premio, polas palabras e polas descubertas… suscrita quedo aos blogs de Zeltia e Kahlo!

  2. Qué ben, que pouquechiño fixo falla para poñerte contenta!
    😀
    Teñen boa pinta estes blogs que recomendas. Xa fun dar unha volta por algún,
    pero e que estas cousas hainas que facer con tempo, e a unha e media da mañán xa non son horas!.
    (“Emerecindo” tamén hai uns meses que o vou visitando eu, mira por onde coincidimos nalgún)
    [envexa pola viaxe, pero sinto que estiveras pachucha, mellorías!]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s