Unha viaxe

Miña nai sempre di que cousa que tes pensado levar ó faiado, é mellor levala directamente ó contenedor, porque alí é onde rematará, máis cedo ou máis tarde.

Eu teño faiados en tódalas esquinas.

Faiados en libretas vellas, debaixo da cama, na lista de contactos do meu teléfono, en documentos de Word, en álbums de fotos, en zapatos rotos, en caixiñas pequechas, en maletas de roupa que xa non me sirve.

Gústame moito pensar que,  unha vez que  pecho os faiados, ocorren acontecementos extraordinarios. As cousas axítanse, móvense e mistúranse para poder sorprenderme.

Os faiados ofrecen a posibilidade de ordenalos e desordenalos cando che pete. A desorde conséguese ata sen querer, cando deixes unha cousa, só tes que bloquear calquera pensamento que se queira dirixir a ela. Ordenar é seleccionar, redecorar, cambiar o enfoque; limpar, tirar e revalorizar, sempre evitando que os recordos e os puntos de vista se acomoden.

Vou pechar os faiados una tempada para facer unha viaxe a un sitio moi lonxe. Pecharei, dareille dúas voltas á cerradura e actuarei coma se non existiran. Esquecereinos con contundencia, determinación e unha certa brusquedade, desa maneira que só permite a seguridade de que, aínda que non os vexa, estarán aí. Deixarei que as cousas muden de sitio: perderei algunha e aparecerá algunha nova.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Unha viaxe

  1. Que idea tan boa!
    Expresado así até parece doado!
    (Non sempre cando pechas sabes que “aquelo” seguirá alí)

    Unha bonita maneira de decir “pasar página”
    Soltar os lastres
    Emerxer
    Viaxar.

    boa viaxe, meliña

  2. david

    …os faiados dos que ti nos falas parecen de verdade. Gustaríame poder entrar en cada cadro que os pinta, e dende fóra miralos sen que se enteren. ¿Qué verá cadaquén nos seus faiados?

    …encántame o que escribiches!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s