límites

Nunca sei se as cousas van mal

porque o estou facendo mal,

Ou se van mal

porque é a única maneira de que vaian.

Cando ten remedio

Penso que é irremediable,

Cando é irremediable

Pensó que o remedio ten que estar nas miñas mans.

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

3 respostas a “límites

  1. uich, pois con esa liña de pensamento,
    pouco remedio lle vexo
    🙂

    e ló non coñeces o refrán ese, moi sabio, de que todo tén remedio menos a morte?
    pode que non sexa “o remedio” que nós queriamos;
    pero remedio éo.

  2. 🙂
    estoume dando conta de que últimamente o meu espírito anda algo decadente…, e isto non leva a nada bo!
    non che estrañe que faga desaparecer algún post, traizoando a filosofía blogueira, ou exaltándoa, non teñen os post un algo de efímeros?

    seguirei o refrán e intentarei bailar un pouquiño cada día para pensar de maneira máis constructiva

  3. os blogues teñen algo de efímeros [pero qué non o é?]
    pero de facer desaparecer entradas, nada de nada. seguindo ese procedimento media blogosfera quedaría baleira. quen non pensou “pero como puden escribir isto”?

Deixa unha resposta a zeltia Cancelar a resposta