non sei

1.

trato de coller con pinzas
palabras
que aspiran a construír
oracións
que se achegan
á verdade,
que non ha de durar máis dun tempiño.

2.

busco
e atopo
outras cousas,
coma se o sentido da búsqueda
fóra a elección dun camiño,
un calquera,
sen importar a onde leve,

3.

se teño que chegar a onde quero,
que me atope cando esté
dándolle patadas
a unha pedriña pequecha.

4.

hai que ter coidado
porque as palabras gástanse
pervírtense
perden o significado
quedan vacías
perden o poder
e vólvense na túa contra

5.

que non chegue
o momento
no que todo sexa
reseso
e non teñamos nada novo que dicir

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “non sei

  1. Lendo os teus versos, penso que casi é unha sorte que eu, neste momento, non teña alguén con quén construir “un” significado coas palabras,
    barallalas constantemente para non se repetir…
    porque é verdade que se gastan,
    e o que é peor, pervírtense e chegan a volverse na túa contra…

    lembro momentos en que revolvín palabras coma nunha sopa de letras, sempre tratando de atoparlle significados agochados, ou tratando de non verlle ó unico sentido que tiñan

  2. é verdade, as palabras gastadas non son máis que a cabeza visible de algo máis que sí que anda gastado…

    danme calafríos as palabras que non son máis que palabras… e os coitelos afiados en forma de palabras…

    por outro lado, as palabras novas, ou de significado renovado, poden darlle un algo de frescura ó decadente…

    aínda que ás veces case é mellor estar calada…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s