Rompes

1.

Eliminas a necesidade de seguridade,
consegues ver por un lugar diferente ós ollos,
descubres algo novo,
e revalorizas as cousas caducas.

2.

Hoxe, máis que mañán,
lonxe,
riste de todo,
e chamaslle ás necesidades caprichos,
e lavas os dentes coma se fóra a primeira

ou a última vez

só porque che gusta coidar o sorriso.

3.

Vas,
volves,
mudas,
reinvéntaste,
porque cada momento é caduco,
aínda que ó final non o sexa.

4.

Miras o medo ós ollos,
porque o medo
tamén
morre de medo.

Cambias os obxectivos,
unha e outra vez,
aínda que sempre persigues
estar feliz.

5.

E unha e outra vez,
tamén,
es máis e máis feliz.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Rompes

  1. Iso de cambiar os obxetivos, máis ter sempre coma finalidade ser feliz,
    iso de reinventarse, de mirarlle ós ollos ó medo soa tan ben…
    eu só podería facer iso se un día, nun dos meus lapsus de memoria a esquecese, a ela, á memoria. Entón sería nova,
    reinventaríame
    non irían os meus medos turrando de mín
    [ou eu deles]
    tan mesturadiños
    que xa non sei quén era eu, antes de que me secuestrasen.

    Eu non son quén de facer poemas, sempre me causan admiración os que vos leo!Debe dar moita satisfacción poder expresarse así.

    Un saúdo, pasada a media noite.

  2. vaia, quén me dera! falo de soños, ideas, desexos… gústame pensar que algún día serei quén de librarme de tantas cousas…
    🙂
    quédome co cumprido… moitas gracias! máis eu non sei facer poemas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s