65bbb20eb3a106479269ffe28ed8533910d0a26a

querer como acción

ou querer como reacción.

5 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

5 respostas a “

  1. ¿e a foto non será unha montaxe?
    En calquera caso ilustra moi ben esa pregunta que fas… que me deixou a mín cavilando…
    Din que hai persoas que SEMPRE queren como reacción. Teñen ese patrón de querer. Pero para que alguén queira como reacción debe haber alguén que ame como acción ¿non?
    Tocarános unhas veces actuar e outras reaccionar?
    ¿responderemos todos a un patrón de comportamento?
    Di Antonio Gala que nunha parella sempre hai un amante e un amado.
    O amado déixase querer, parece que é o que ten a parte privilexiada do asunto… pero convértese en rehén do amor do outro… o outro ten a potencia de amar ou deixar de amar, mentres que o amado/a só pode ser ou deixar de ser o destinatario dese amor. É o suxeto pasivo.
    ¿Ti que dis?

  2. gústame esa definición de Antonio Gala… mais tamén é algo ríxido… estou de acordo contigo en que todos amamos por reacción ou acción, os papeis altérnanse… eu creo que o ideal é que se superpoñan, querer ten que ser algo activo, que saia das tripas, irracional e tolo… e tamén reactivo, querer porque te queren ou porque a súa maneira de ser encaixa coa túa…
    o que me dá medo é querer ou que alguén me queira por necesidade… ou algo peor…
    xa ves, eu tamén ando a darlle voltas ó tema… 🙂
    fai uns días vin un artigo no país que me fixo pensar moito, déixoche o enlace para que o vexas:

    http://www.elpais.com/articulo/portada/termina/amor/elpepusoceps/20100606elpepspor_8/Tes

    boas noites!

    • Grazas polo enlace… estiven a ler todo o artigo. Algúns párrafos son interesantes, outros din o tantas veces dito, pero resumo nisto:
      “Yo soy yo, tú eres tú. Yo no vine a este mundo para vivir de acuerdo a tus expectativas. Tú no viniste a este mundo para vivir de acuerdo con mis expectativas. Yo hago mi vida, tú haces la tuya. Si coincidimos, será maravilloso. Si no, no hay nada que hacer”.
      Todo un imposible case ¿non si?, ó final reaccionamos como podemos, non como debemos; as carencias reconducen as nosas conductas, os traumas, as necesidades, os medos…
      Estou de acordo en que o “enamoramento” ten data de caducidade, e que mentres o enamoramento vai transcurrindo pode derivar en amor ou non, e despois ese amor da un traballo de la hostia.
      E que eu penso que hai que ser moi equilibrado de dios, ser moi san psíquicamente (e dar cunha parella así tamén) para que non quedemos colgados do outro por dependencias e carencias e medos de estar sós.
      bueno, falamos. Vou traballar un pouco.

  3. (sigo, que me acaban de vir as palabras) o querer interesado é o que me asusta.
    e a foto, pois nin idea, non din atopado información sobre ela nin sobre o autor…

  4. Pingback: public relations « estasme falando a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s