Os cousificadores

Podemos meter cousas dentro dunha botella, no caixón da mesilla, no peto (petó en catalán é bico)  segredo da parca, no bolso, nos buratos do nariz, na basura, enriba da mesa, na boca, na copa do sostén, entre o anular e o gordo, debaixo do brazo…

Cousas que precisamos cerquiña cando espertamos no medio da noite, que nos agrada ter cando paseamos polo parque ou polo monte, na oficina, na discoteca ¿por qué se me solapan sempre estas 2 últimas palabras? ¿Serán o pico e o rabo dunha esfera de acontecementos e cousas que nunca altera a súa orde? No coche, na bici, cando quedamos con catro amigos, cando quedamos con un…

Cousas prácticas, cousas pesadas, cousas que son amuletos que nos dan tranquilidade dentro dunha segreda e enfermiza espiral supersticiosa, cousas que nos inspiran sentimentos infantís, melancólicos, maniáticos… Tamén están as que non queremos levar pero, inevitablemente, levamos sempre. As cousas das que nos gusta presumir e as cousas que dan vergoña.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “Os cousificadores

  1. david

    …¡qué cousas tes! Vaites, vaites…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s