Plop

Espertou angustiada no medio da noite coa certeza de que non tiña nariz e se lle puxeran os ollos  en distinta altura. Deu un portazo para pedir axuda ó resto da casa, pero obtivo por toda resposta un silbido e respiracións acompasadas.

Lavou a cara para ver como desaparecían polo sumidoiro uns labios derretidos. Desesperada, púxose a dar cabezazos contra a parede pero ésta tamén parecera perder a súa consistencia… De súpeto revotou e saíu despedida cara o infinito.

Cando comezou a facer resistencia o aire, quedou ás espensas do vento, e deixouse levar á beira de sorprendidas gaivotas.

Atopouse coa túa ventana e, como xa era fume, colouse polas rendixas. Ti estabas no baño, nun deses longos baños de burbuxas que tanto che gustan.

Cando conseguiu pousarse no teu índice puxécheste a soplar e, mentres bicabas labios alleos, volveu a saír despedida, quedando atrapada para sempre nunha pompa de xabrón irrompible.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Plop

  1. lolailo

    Que bonitooooooo!!!
    Isto merece debuxo 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s