Un doce

713816_66567128Alí están, algunha un pouco roída polos merlos, que xa se sabe que non hai invento que os faga deixar escapar unha froita cinco minutos antes de que estea para recoller. Rccenden, e iso atrae ós bichos, ó igual que as nosas mans pegañentas.

Seguimos xogando coa asa do cesto, sen entender porqué non collen unha bañeiriña de plástico desas do todo a 100. O cesto está case roto, non é comprado, e as bimbias parten moi fácil, pódense pelar fácilmente cos dedos aínda que él prefire usar a súa nova navalla.

Igual hai berra, mais iso vén despois. O lagarto está teso mirando ó sol, o can, velliño, respira como se se lle fora a alma e eles dormen mentres nós nos preguntamos cómo un pode tumbarse a deixar pasar o tempo coa de cousas guais que se poden facer. As vacacións non cansan

Estendémolas para que pareza que non faltan. Dóeme a barriga, mais só un pouquichiño.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s