Emocionando

Seica onte se celebrou o día sen ruído, digo “seica” porque eu non me enterei. De vez en cando convén facer este tipo de cousas; mañán é o dos chistes, ás 12 horas todos teremos que facer rir a quen teñamos ó lado, e pasado o dos bicos: ás 12h, estemos onde estemos temos que bicar a alguén… Un día ata poderiamos dedicar uns segundos a elaborar a delicada e complicada estratexia de non bater con ninguén no metro.

Poderíase facer un spot moi fermoso con motivo do día de onte, un spot onde a solidariedade e unión de tódalas persoas nos conmovese case tanto coma o velliño de coca-cola

E, falando de lados tenros e, sobre todo humanos, quería deixar aquí dous videos que, para min son o exemplo de que, para falar de sentimentos universais, non fai falta caer en tópicos e que, ás veces, o máis orixinal é o máis cercano. 

Non é tan difícil falar de sexo. Este vídeo da axencia Seisgrados amosa como se pode ser,ó mesmo tempo, explícito e elegante

.

O segundo exemplo vén vía ateneu popular e trátase dun spot para a tenda erótica Coco de mer.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s