Miseria

A miseria humana preséntase de maneiras ben diferentes. Hai quen a sofre por non ter nada que levar á boca ou por non ter acceso ós servizos e dereitos mínimos. A miúdo isto ocorre en entornos onde as condicións son semellantes para toda a poboación, coa excepción de catro privilexiados.

Outras veces, esa miseria aumenta ó atoparse con outra das miserias humanas: a falta de empatía, a indiferencia, o egoísmo… Estamos fartos de ver xente durmindo na nosa mesma rúa, en caixeiros, portais… Non teñen nada e nós témolo todo, coma se foramos superiores, coma se fora natural. Seguen sen ter nada, mais habitan no medio de persoas que vivimos na abundancia, no derroche… Mais “non chega para todos”.

Ás veces, a miseria medra e traspasa os límites, deixa atrás a noxenta indiferencia para transformarse nalgo moito peor, tanto que non se me ocorre un algo para definilo. O colmo, o que me cabrea e sobre todo me entristece, e que tal maneira de actuar veña da man de quen se supón que é a lei, de quen “ten a razón” por riba do resto, quen “merece” a nosa obediencia e respecto…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s