Escoitade música, lede poesía

Bilingüismo é convivencia de DÚAS linguas en armonía, ou iso me ensinaron na escola. En Galicia, por circunstancias históricas, políticas e sociais, existen dúas linguas; mais a propia, a dos nosos avós, o galego, a de sempre, a que nos sae sobre todo cando nos cabreamos é a que se atopa nunha clara situación de inferioridade. A isto chámanlle diglosia.

Falar galego en Galicia xa non significa algo tan natural como continuar falando a lingua nai, o natural e o lóxico non é o normal. Non quero meterme a definir un problema tan complicado como é o conflicto lingúístico, mais o que sempre se tivo claro é que as autoridades teñen a función de velar para que ninguén, NINGUÉN se vexa discriminado por usar a lingua de Galicia e garantizar a súa existencia.

Se alguén di ser bilingüe non é lóxico que se manifeste para que unha lingua teña supremacía sobre outra, para que deixe de ensinarse, para que deixe de valorarse a obviedade de cal é a lingua de Galicia. 

Existen problemas máis graves, é obvio, máis ante acontecementos coma o de hoxe é difícil quedar indiferente. A min entristéceme o desprezo por calquera lingua ou cultura. ¿Pareceralles un bonito xesto cara os seus fillos o feito de negarlles o coñecer a lingua do seu propio país?

O idioma é a chave 
coa que abrimos o mundo: 
o salouco máis feble, 
o pensar máis profundo. 
  
O idioma é a vida, 
o coitelo da dor, 
o marmurio do vento, 
a palabra de amor. 
  
O idioma é o tempo, 
é a voz dos avós 
e ese breve ronsel 
que deixaremos nós. 
  
O idioma é un herdo, 
patrimonio do pobo, 
maxicamente vello, 
eternamente novo. 
  
O idioma é a patria, 
a esencia máis nosa, 
a creación común 
meirande e poderosa. 
  
O idioma é a forza 
que nos xungue e sostén. 
¡Se perdemos a fala 
non seremos ninguén! 
  
O idioma é o amor, 
o latexo, a verdade, 
a fonte da que agroma 
a máis forte irmandade. 
  
Renunciar ao idioma 
é ser mudo e morrer. 

se queremos vencer!

(A fala – Manuel María)

Así que, sen ansias de máis disertación, súmome á a iniciativa de Vieiros, se ves que sentes a necesidade de manifestarte en contra da lingua do teu país, le poesía, escoita música, fala cos teus avós, escribe, abre os ollos, mira dentro de ti…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s