Cousas para contar (e non conto nin a mitá)

A miña primeira visita a unha axencia grande, famosa e superpremiada:

Cando un alcanza certa posición profesional os límites son engorrosas referencias e o máis divertido é superalos, cunha copa ou dúas de máis un pode chegar a facer virguerías. No desesperado, ansioso e anhelante camiño á orixinalidade un acepta de todo, o de chamar á atención é importantísimo, inda que sexa por falta de sentido e de gracia. 

O que ó final fai que, entre os infinitos camiños, que un sexa ou non o verdadeiro, é unha cuestión purmante subxectiva que a miúdo criterios de márketing ou comunicación non poden explicar.

No noso eterno intento de racionalizar todo coa finalidade de estar máis tranquilos ou non-sei-qué, esquencemos as numerosas cousas da vida que nos atraen polo mero feito de non ser explicables. O que non é fácil, o que nos inqueda dalgunha maneira é o que realmente nos ensina, nos fai conscientes das nosas incapacidades e do noso lugar no mundo e nos invita a participar das múltiples interpretacións.

Define amor, decepción, amizade, familia…

Un concepto publicitario é coma a poesía (ou eso teño pensado asimilar para sobrelevar este momento de dúbida e reflexión sobre si acertei ou non sobre o camiño da miña vida profesional). Un concepto, igual que unha poesía, é bo en canto nos recorda a algo que xa sabiamos ou criamos saber. Unha sorpresa é agradable cando ten algo de coñecido, un anhelo, algo que consideramos propio…

O xamón e o viño eran de primeirísima.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s