Estes… da Telefónica

Cando vexo os anuncios de paquetes de internet de calquera compañía case que me da a risa. Sobre todo con Telefónica, ás veces penso que disfrutan mofándose dun. Encántalles chamarnos cada certo tempo para ofrecernos internet,

-¿os señores aínda non teñen internet? ¿Como pode ser iso?

– ¿está suxerindo que no lo van poñer?

– Por un módico prezo de…

-¿De verdade poden poñernos internet?

– Haber, espere que consulto o número… Ai, non, disculpe as molestias. A súa zona será unha das próximas en ter instalada a antena, e que claro, ó tratarse dun lugar tan apartado…

Esta conversa, por irónico que pareza, eche do máis habitual; cada tres meses, aproximadamente, chámannos para ofrecernos algo que nin sequera lles apetece proporcionarnos. Ó principio pensabamos que tanta insistencia debía ser porque en breve traerían a línea á República. Máis non. Quizais se trate dunha broma entre os teleoperadores, como a eles chamar sáelles gratis…

Paréceme triste, do pasado, que por ser do rural un teña que sufrir tal aillamento. Pero o feito de que a un llo estean a restregar e queden tan anchos é de coña. E, para máis divertimento aínda, resulta que graban o último spot no que ofertan unha banda ancha de 6 megas (¿iso que é?) nun pobo da Serra Norte de Guadalajara, onde o máximo ó que un pode optar é a unha velocidade de 52 kbps, un veciño denunciouno ó periódico local da zona.

Xa non é a primeira vez que tratan de enganarnos, de feito, a última foi hai ben pouco co anuncio do dúo de 6 megas. Autoncontrol cualificouno de publicidade enganosa, ó non poder ofrecer o que prometía.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s