“Ou nas uñas ou nos pés has de salir a quen es”

Hai quen pra dicir que non atopou aparcamento sóltache “non cabía máis peixe no mar”, ou se é que vas moi rechamangueiro diche “pareces un roquete”. Miña nai para dicirche que deixes de perder o tempo quéixase: “fas unha araña…”.

Sei que hai centos máis que usamos no día a día pero non me dou conta, porque só reparo nelas cando falo con alguén doutro pobo ó que lle choca ou non me entende. 

A lingua nace, medra, ás veces reprodúcese (iso era antes) e moitas morre. É incrible a cantidade de linguas minoritarias que desaparecen cada ano. A min, cando morre unha lingua recórdame á desaparición de calquera destas frases feitas da lingua oral. Son formas únicas de entender o mundo.

Sen querer vamos esquecendo quén somos e de ónde vimos para intentar alcanzar unha forma de ser máis universal e, polo tanto, menos orixinal (globalización). Todos queremos ser tan diferentes que acabamos sendo iguais. Supoño que ó final tamén aquí nos deixamos levar polas leis da economía: oferta e demanda (con intervencionismo pouco discreto pero nunca recoñecido).

Ésta que vedes é unha iniciativa de dous profesores do IES María Soliño  , un proxecto para a recuperación da lingua autóctona da Península do Morrazo.

Gustaríame que este post fose adicado a esas pequenas cousas, detalliños que nos fan ser de Ferrol e non de Caldas de Reis, por poñer un exemplo. Ou simplemente reparemos nesas frases que dicimos día a día sen saber de onde saíron pero que se lles damos voltas vemos que, ¡son brillantes!

Eu poño a primeira, ¿alguén se apunta a poñer a segunda? TODO O QUE CAE NA REDE É PEIXE

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a ““Ou nas uñas ou nos pés has de salir a quen es”

  1. yo mismo

    eu a segunda: ás veces os arboles non che deixan ver o bosque

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s