Debaixo da parra

Este ano a vendima do albariño foi diferente, a parte de que só estiben un día, só vendimamos para facer uns litros de capricho. Cada vez máis, compensa vender a uva e non facer viño pero para quen coida as cepas dende que nacen, as mima e remima, é moi bonito seguir todo o proceso.

Pois ben, entre vaciles e queixas suaves alá fomos para a parra todo o pelotón. Porque ó millor vinte eramos, equipados con roupa vella e tixeiras. Xa que ibamos a facer tan pouca cantidade meu tío decidíu ser un pouco máis exquisito e seleccionar en varias parras. Este ano permitímonos catar un acio (mínimo) en cada claro, sentarnos a conversar onde nos petaba, observar como se van filtrando os raios de sol entre as follas a medida que cae a tarde e incluso xogar con Lucía.

img_3663E cando rematamos quedamos coa sensación de pouco, como cando fas algo caro e sabes que non te podes permitir facelo máis a miúdo. E é que en vez de cansancio o que sentiamos era relax, un orgullo indefinido polo feito de ser da aldea e ter a oportunidade de vivir un monte de cousas. 

Ese sábado non votamos de menos un monte de frases:

Menos comer e máis cortar/ Aínda se ve ben/ Veña, que dez capachos máis facemolos / Con estes canghallos non hai quen dea avanzado/ Vai chover / Son catro pingas/ Nin domingo nin festivo, ¡arriba! / Nada de facer plans, toca vendima/ ¿Ti que? ¿Tas de mueble? ¡Móvete bacalao!

Eso si, isto sempre en familia. 

A parrea xa é outra historia.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “Debaixo da parra

  1. LOLAILO

    Aiiiii pero que aldeanas somos!!

    Mimá, e ” a mucha honra” verdade!!! Se ao final vai ser certo que acabaremos cultivando verduras e facendo coiro para sobrevivir. Quen sabe?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s