“Eu non son yo”

E isto non implica que non aspire a ser a persoa máis rica adquirindo o poder de entender e interpretar sendo “yo”, “me”, “moi”… Non quero ser unha imaxe borrosa que quere ser o que non é, enganarme a min mesma é un erro, mutilar o meu ser por vontade miña ou de quen sexa é un crime…

Así que non trato de enganarme, total o “eu” sempre acaba saíndo, porque un está máis cómodo cando non nega quén é. ¿ou en qué lingua te enfadas, te entristeces e te namoras?  

Eu non penso permitir que digan que “eu” é un estúpido dialecto subvencionado condenado a morrer, nin que ser un mismo sen que nos impoñan ou traten de enganar é pechar a mente cara o resto do mundo…

Porque se un non se acepta a un mesmo malamente será quen de aceptar ós demáis (persoas, linguas culturas)

A fotografía “Eu nunca serei yo”, asinada por Roberto, é a gañadora da edición 2008 do concurso Unha Imaxe para o Galego, o certame organizado por Vieiros coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Unha vez comprobado o correo do concursante resultou ser Roberto Roget Antelo, veciño do municipio de Zas (Terra de Soneira).

Invítovos a votarlle unha ollada ó resto das propostas. A gañadora, máis ou menos orixinal (dise que o concepto xa foi usado con anterioridade), reflicte de maneira sinxela e directa un sentimento e unha reivindicación moi clara: o dereito a ser un mesmo na lingua nai.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s