Chu chuuuuu

O outro día atravesei por primeira vez Lantaño nel e foi estrano, sorprende unha perspectiva completamente distinta dunha paisaxe de sobra coñecida.

A sensación choca co sentimento de extranxeiría da vendima pasada, cando non atopaba a parra indo na bici, cando o tractor tiña que dar enomes rodeos ó ter cortados os lugares de paso habituais e máis cercanos, cando tivemos que levar garrafas á parra porque as fontes onde bebiamos están secas.

Dende o gran xoguete todo é orde, parece que coñece o camiño coma se o fixese dende sempre.

Dende o Cachal aínda nos asustamos un pouco cando vemos o enorme gusano cruza-lo val.

Agora téñoo máis cerca que nunca pero teño que andar máis quilómetros para que queira levarme.

As cousas cambian. Quizais deixe de pasar tan altivo e se deteña para que subamos nel.

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Chu chuuuuu

  1. ai, que ben che entendo esa extraña emoción de recoñecer os sitios dende perspecitvas diferentes.
    A aldea onde nacín, e onde ainda está a “nosa casa”, cambiaba tanto dunha vez a outra que volvía, ate rematar sendo un sitio alleo, pero que ten, coma trasplantados do pasado -da miña infancia-, recantos, igrexas, valos, carballos, algunha casa…
    tanta carretera, tanta parcelaria, tanto AVE, acabaron por convertila nun sitio ó que vou “de visita”. Para ir a ela teño os meus recordos.
    Ainda así, de vez en cando, atopo con recantos que están tan cal, e como me pille desprevenida…
    Ocórreseme deixarche aquí un enlace a un post que escribin onde contaba unha vivencia destas, precisamente…
    pero penso qué che ha de importar!
    ainda se tes curiosidade, heiche dicir cal é (non está no meu blog de agora, se non no de antes)

    bueno, e por hoxe deixo de dar voltas por aquí, foi un pracer andar deambulando polo teu blog…
    hei vir noutra ocasión mirar e remirar, gústame o ton personalizado, de perto, as cousas das que falas…
    si, volverei botar outra ollada máis polo miudo.

    bicos

  2. vaia, un pracer terte de visita!!
    encantaríame ler as túas vivencias da aldea!! ese sitio tan alleo e tan que forma parte de un…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s