¡Ceos!

 

Un costume típico nos pobos mariñeiros, que me parece do máis poético e fermoso, é que a xente busca un momentiño do día para adicarse a mira-lo mar. Meu pai é de Carril e sempre nos fala do normal que é preguntarlle a alguén a ónde vai e que che responda:”-Vou ve-lo mar.”

Pois eu reivindico que dende agora quede instaurada e recoñecida institucionalmente a obriga de que tódolos veciños da República Independente de Rabuñade reserven media hora do día para mira-lo ceo. 

Anualmente a xunta xeral republicana reunirase para debater se é máis fermoso no amencer ou no atardecer, con chuvia ou sol, despexado ou nubrado ou con tons amarelos ou rosáceos. As memorias destas reunións gardaranse na biblioteca de San Pedro (noutro post falarei dos nosos plans de conquista desta capela) para consulta de quen o precise

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

3 respostas a “¡Ceos!

  1. Edu

    m tienes ensimismado con tus textos. creia conocerte, pero a cada palabra m parece q dscubro algo nuevo d ti. no dejes d escribir

  2. non che é tarefa doada decidir entre os amenceres e os solpores…
    case é máis ben cousa dos biorritmos personais 🙂

    o de ir ver o mar, dito nun pobo mariñeiro, soa máis a cousa de traballo que a momento de lecer

  3. discutir sobre se é mellor o amencer ou o atardecer, o chocolate branco ou o negro, o guiso da miña avoa ou da túa…

    XD

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s