Conducir ti. Estar só. Non ter que. Facer. Alonxarte. Aillarte. Definir. Decir quizais. O dereito a non saber o que un quere. A voar só. A vivir dentro de un. A pensar. A reflexionar. A dibuxar. A deixar que pase. A que mañán sexa un interrogante. E máis alá non haxa nada máis. A seguir os propios soños. A ser un. A defender o teu territorio. A ser ti. A non camiñar da man. A bailar só. A equivocarte. A decidir. A fuxir. A volver. A ter a iniciativa. A non estar de acordo. A probar. A seguir a voz de dentro. A lamber as feridas o tempo que faga falta. A ser cobarde. A ser Valente.
Ás veces costa atraparte no medio do teu voo constante pero, si non te solto, deixarías de voar e eu deixaría de quererte.



Este post fíxome pensar naquel poema de Alfonsina Storni:
Echa a volar… mi amor no te detiene,
¡cómo te entiendo, Bien, cómo te entiendo!
llore mi vida… el corazón se apene…
date a volar, Amor, yo te comprendo.
Aquí o poema enteiro (seguro que xa o coñeces)