Os teus dibuxos están vivos,
poderían saír voando
dándonos nos peteiros,
a ti e a min.
Eu non os vexo,
imaxínoos fermosos,
coma esas cousas cuxa fermosura
é quen de atrapar a través do tempo,
volvéndose perenne.
Dibuxas nubes, mais, se cadra,
non estás a dibuxar nada.
Cando me achego,
cando intento descifrar de preto,
sen querer,
atravésoas,
sen deixar rastro no dibuxo
coa sensación
de tremer co frío,
de ser un espello roto,
de estar completamente espida.
E entón bailo,
nun ritmo que non é meu
nin tampouco das nubes que,
á fin e ó cabo,
se moven ó son do vento.



mais de texturas…!